CARREIRA INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

O día 15 de febreiro realizouse no estadio municipal Julio Mato “Matito” a carreira intercomarcal de campo a través onde participou o alumnado do noso colexio clasificado na carreira de campo a través en Ribeira.

Desta volta volveron a conseguir uns moi bos resultados gañando a proba por equipos na categoría benxamín masculino composto por Breixo López Millares, Juan Pardavila González, Nicolás Millán Sampedro, Ángel Martínez Lijó, Telmo Martínez Vila e Xabi Fernández Otero. Na categoría infantil feminina  a alumna Lara Abelleira Gómez tamén se clasificou para a seguinte fase. Todos estes alumnos acudirán á proba da carreira provincial de campo a través que se realizará na cidade de Ferrol o 17 de marzo.

VIAXE A LEITARIEGOS 2023

Os días 7, 8, 9 e 10 de febreiro os alumnos da ESO desfrutaron duns inmellorables días no pobo de Villablino e na Estación de Esquí de Leitariegos. Alí tiveron clase de esquí con monitores, grazas aos cales aprenderon a desenvolverse neste medio tan novidoso para todos eles.

Tamén realizamos unha visita ao Centro de Interpretación do Urogallo, onde coñecemos un pouco máis esta especie en perigo de extinción, a vida do oso pardo e a flora autóctona do lugar.

Agradecemos dende o centro a implicación e o trato recibido dende o Albergue Superior Francisco Giner de los Ríos, onde dispuxemos de todas as comodidades e facilidades para desfrutar desta saída ao medio natural.

BIBLIOTECA

Os alumnos de 6º de primaria seràn os encargados de coidar e supervisar a “Biblioteca de recreo”, como alternativa aos xogos de patio.

Un espazo onde os alumnos poderán disfrutar de: xogos de mesa, crebacabezas, parchís, xadrez… lugar de reunión e esparcimento máis calmado.

DÍA DA PAZ

Como cada 30 de xaneiro reunímonos dende a etapa de infantil ata a ESO para conmemorar o día da non violencia.

Este ano levamos  na nosa MOCHILA DE PAZ todo aquilo que fai que a convivencia sexa máis doada e feliz

Os sinais de STOP e OBRIGACIÓN dirixían o camiño que debemos seguir  para conseguir os nosos obxectivos.

CAMPO A TRAVÉS “VI MEMORIAL VICENTE R. FERNÁNDEZ GARCÍA”

O pasado venres 27 de xaneiro o alumnado dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º participaron na carreira de campo a través “VI Memorial Vicente R. Fernández García” no estadio municipal Ana Peleteiro (A Fieiteira), alí xuntámonos con máis de 1500 nenos e nenas doutros colexios para desfrutar dunha gran xornada de deporte ao aire libre facendo diferentes recorridos por dentro do estadio e tamén no monte ao lado do mesmo.

Aínda que o importante é participar e pasalo ben os seguintes nenos e nenas clasificáronse para participar no campionato intercomarcal de campo a través, que se celebrará o próximo 15 de febreiro en Noia.

3º EP: Breixo López Millares, Juan Pardavila González, Nicolás Millán Sampedro e Ángel Martínez Lijó.

5º EP: Ezequiel Martínez Hermo e Álvaro Lijó Mariño.

6º EP: Lara Abelleira Gómez e Simón Ageitos Somoza.

MOITA SORTE PARA A SEGUINTE PROBA!