Carta aos Reis

Nestes días previos ao Nadal,  o alumnado de 1º e 2º de ESO, completou o seu proxecto de trimestre escribindo unhas orixinais cartas ás súas maxestades de Oriente. 
Nas súas cartas non se pide nada material xa que as escribiron co corazón. Os mellores desexos de paz e empatía cos máis desfavorecidos, saúde para todos e unha morea de bos e fermosos desexos para todos os membros da comunidade educativa. 
Bo Nadal e que os Reis veñan cargadiños.

SAÍDA CULTURAL 1º E 2º ESO

Os cursos de 1º e 2º de ESO realizamos unha saída aos museos coruñeses da Casa das Ciencias, onde puidemos desfrutar do planetario e da súa sala de exposicións con múltiples utensilios para comprobar as leis da física; e ao Domus, onde vimos un documental sobre os corais do mundo e tamén coñecemos o corazón en profundidade cun taller de disección. O alumnado pasouno en grande. 

FLOORBALL

O alumnado de 2º de ESO fabricou un pau de floorball con materiais tan básicos coma un pau, cartón e cinta aislante. Tamén crearon unhas bolas, todo isto permitiranos practicar este deporte tan entretido. Bo traballo.  

OBRADOIRO DE ARTE GÓTICA

Neste trimestre, os alumnos de 5° realizamos un proxecto interdisciplinar nas materias de Plástica e Social Science.
Visionamos diferentes edificios de estilo gótico e identificamos as principais características. Como remate do proxecto, cada alumno diseñou a súa vidrieira.

JOYEUX NOËL!

Estamos encantados de compartir a maxia da época de Nadal que invade a nosa clase extraescolar de francés. Os nosos estudantes de 5º e 6º de primaria, mergullados nun ambiente divertido e educativo, participaron na creación de postais navideñas, onde non só demostraron a súa destreza lingüística en francés, senón tamén ampliaron o seu vocabulario específico sobre o Nadal.

Durante esta actividade, os nosos alumnos puideron expresar a súa creatividade ao mesmo tempo que practicaban palabras clave en francés relacionadas coa celebración desta festividade tan especial.

A través da elaboración destas postais, non só estamos a fortalecer as habilidades lingüísticas dos nosos estudantes, senón tamén a fomentar o espírito navideño e a comprensión intercultural. Estamos orgullosos de ver como os nosos alumnos abrazan con entusiasmo as actividades extraescolares que enriquecen o seu percorrido educativo.

Agradecemos ás familias pola súa continua colaboración e apoio nesta aventura educativa. Que esta temporada festiva estea chea de alegría, aprendizaxe e momentos inesquecibles para todos.

JOYEUX NOÉL À TOUS!