
Velaquí deixamos unha recompilación do ben que o pasamos disfrazándonos no entroido do colexio que este ano contou coa presenza de un DJ animador.


Na galería de imaxes tendes a reportaxe completa.


Velaquí deixamos unha recompilación do ben que o pasamos disfrazándonos no entroido do colexio que este ano contou coa presenza de un DJ animador.


Na galería de imaxes tendes a reportaxe completa.

Un ano máis queremos dar as grazas ás familias e alumnos pola participación e colaboración na carreira solidaria. A recadación deste ano foi de 965€.

Entre todos facemos un mundo mellor.

A pasada semana o alumnado de 3º e 4º da ESO recibimos a visita de Paloma González, autora de João, Premio Alandar 2019 e que lemos este trimestre no Plan Lector.

A súa vida como escritora, en que se inspirou para escribir este libro ou que relación teñen con ela algúns dos personaxes, foron algunhas das dúbidas que nos resolveu amablemente nunha charla distendida. Ao remate, asinounos os nosos exemplares.

Moitas grazas por vir!

Un ano máis o alumnado da ESO achegouse á obra da autora para conmemorar o seu aniversario. Versos, poemas e fotografías enchen as aulas e o corredores para lembrar a actualidade da súa poesía.

Feliz día de Rosalía!

O 12 de febreiro o alumnado de 1° e 2° da ESO puido desfrutar dunha agradable charla da man da autora da obra «O misterio de Portomarín», libro do plan lector deste trimestre.

Moitas grazas á escritora polas súas verbas e polas rúbricas dedicadas aos alumnos.
Os alumn@s de 1º e 2º de E.P acoden a aula de informática para repasar e reforzar os contidos na área de Science.



Os alumn@s de 5ºe 6º de E.P. participan nas actividades organizadas polo concello para conmemorar o Día de Rosalía de Castro coa representaciòn teatral Trilla,Trilla.

Os alumn@s interactuaron durante a actuación co fin de coñecer o léxico e refráns da nosa lingua.