SAN VICENTE

O venres 26  celebramos na capela  do colexio a festividade do noso fundador San Vicente de Paúl que coa súa vida ensinounos a mirar máis alá de nós mesmos e adicar máis tempo e cariño aos que o necesitan. 

Un novo curso cheo de oportunidades para aprender, compartir e crecer.

Unha gran chocolatada con churros , na  horta do colexio, puxo o fin de festa a este día tan importante para todos os vicencianos.

A nosa tartaruga Sami



Este curso no colexio estamos a traballar o valor do coidado, e para acompañarnos nesta viaxe decidimos ter unha mascota moi especial: unha tartaruga.

Ao longo da semana o alumnado participou con moita ilusión nunha votación para escoller o nome que levaría a nosa nova amiga. Foron moitas as propostas creativas e, despois de sumar todos os votos, xa temos resultado:

👉 A nosa tartaruga chámase Sami.

A partir de agora, Sami acompañaranos en diferentes actividades e lembrararanos cada día a importancia de coidar de nós mesmos, dos demais e tamén do noso entorno.

A VISITA DO VETERINARIO

Despois da chegada da nosa mascota  ao colexio cedida polo amigo Luis ,quen mellor que o veterinario para ensinarnos os coidados que precisa a nosa tartaruga.

Alejandro  Llovo visitou esta semana o noso centro, conversando co alumnado e  respondendo as súas preguntas. Mostrounos curiosidades que descoñeciamos e concienciounos para ser bos coidadores.

SENSIBILIZADOS CO MEDIO AMBIENTE

No noso centro está en funcionamento a iniciativa da “maleta mariñeira viaxeira” do CEIDA, unha colección de libros e álbumes ilustrados sobre o medio mariño.
O seu obxectivo é achegar ao alumnado a cultura mariña, dar a coñecer os océanos e reflexionar sobre os problemas ambientais que os afectan, como o cambio climático ou o lixo mariño.
A maleta estará dispoñíbel no centro durante un mes, nos cursos de 1° a 4°.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.