Mindfulness, que pode traducirse ao galego como atención plena ou consciencia plena, consiste en lograr ser consciente do momento presente e centrarse no que está sucedendo «aquí e agora». Esta técnica produce nos nenos e nenas múltiples beneficios: axuda á autorregulación emocional, reduce o nivel de estrés, mellora a atención e a concentración, incrementa o rendemento académico ou contribúe a formar un alumnado resilente, creativo e positivo.
Aproveitando as instalacións do centro, achegamos aos nosos cativos ao mindfulness nunha contorna que invita a conectar con eles mesmos e coa natureza.
Para celebrar o Día do Libro, o alumnado de 5º de EP realizou durante toda a semana pequenas exposicións individuais nas materias de Lingua Galega e Lingua Castelá recomendando diferentes libros aos seus compañeiros e compañeiras. Posteriormente crearon un espazo no corredor relacionado con esta actividade chamado “EXPRÉS-ARTE” para compartir esas recomendacións co resto do alumnado do centro.
Os alumnos de 6º de Primaria celebraron o 80 aniversario do “Principito” facendo un proxecto interdisciplinar coas áreas de Lengua e Plástica amosando os debuxos máis significativos e as leccións de vida que nos ofrece.
Os alumnos de 1º de Primaria elaboraron un marcapáxinas participando neste aniversario especial. Un libro sen idade e con moitas reflexións sobre o mundo da infancia e a vida adulta.
1º e 2º de
ESO estiveron traballando nunha actividade que titulamos “Nuestros libros favoritos”, unha actividade moi sinxela que consistía en que cada alumno escollese o seu libro favorito e posteriormente tiveron que elaborar unha ficha en cartulina explicando por que ese era o seu libro favorito. Logo para a exposición trouxeron o exemplar en concreto, que foi exposto no corredor acompañando cada libro coa súa correspondente ficha.
Por outra banda, o alumnado da ESO celebrou este día coa exposición no corredor de Secundaria das Caixas Simbad de 1ºESO feitas sobre a lectura de trimestre. 3º ESO expuxo os seus caligramas traballados na poesia de vangarda e todos xuntos participaron na creación dun mural Exprés-Arte no que escribiron sobre os seus libros, xéneros e autores preferidos.
Os alumn@s de 6º de primaria participaron nuns talleres organizados polo CIM de Ribeira.
Os alumn@s reflexionaron sobre os estereotipos que vive a sociedade coa identificaciòn de xénero,postos de traballo,labores domésticas… plasmando as súas conclusiòns en murais e exposiciòns orais.
Tamén traballaron a publicidade e cada grupo elaborou o seu propio vídeo.
Reciclar é importante, e que mellor que facelo empezando por crear o noso material de xogo.
Coa reciclaxe de obxectos e utensilios variados nos nosos xogos axudamos á conservación do medio ambiente e ao aproveitamento dos recursos naturais. Desta forma, convertemos a arte de reciclar na arte de xogar.
Os alumnos do primeiro ciclo de Ed. Primaria participaron, na tarde do mércores 19, dun encontro con ilustrador Benxamín. Esta actividade é promovida pola Editorial Anaya con motivo da celebración do Día do libro o vindeiro domingo. Con esta visita os rapaces puideron coñecer o proceso de creación dos debuxos dun conto.
Os alumnos de 3º da ESO que asisten a materia optativa de Cultura Clásica remataron o segundo trimestre expoñendo os seus proxectos referentes aos seres mitolóxicos que foron obxecto de traballo ao longo do mesmo. Ao longo dos meses de febreiro e marzo realizamos un estudio dos mitos, as súas orixes, a cultura e os elementos que os conforman, os cales lles fixeron descubrir aspectos descoñecidos dos seres que abundan na mitoloxía grega.
Hoxe,, venres 14, o noso alumnado tivo a segunda xornada de deporte escolar no polideportivo municipal de A Fieiteira, onde desfrutaron de diferentes deportes xunto cos compañeiros e compañeiras dos centros de Frións e Artes. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física realizando diferentes deportes de equipo.