Seguimos formándonos: XV Xornada de Normalización Lingüística

Image-1
O 29 de novembro as profesoras de Lingua e literatura galega de Secundaria  asistimos ao curso: «XV Xornada de Normalización Lingüística» onde afondamos na figura de Carvalho Calero, autor ao que se adican  as Letras Galegas no vindeiro 17 de maio. Asemade, puidemos desfrutar das experiencias levadas a cabo por outros centros e institucións, coma o Servizo de Normalización Lingüística da USC, para dinamizar o uso da nosa lingua, e achegar ao profesorado e alumnado as novidades nas  ferramentas coma o bUSCatermos ( banco de terminoloxía multilingüe) ou o Digalego ( un dicionario con múltiples recursos).  Nas xornadas tamén asistimos á entrega de premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas do fomento do galego e a mostra ganadora do XI Premio Innovación Antonio Fraguas. En resumo, foi unha xornada onde a protagonista foi a nosa lingua nai: o galego.
IMG_0734 (1)

 

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.