Creative Cuisine

flores 4

 

Durante estes días que o  tempo estivo algo revolto , no taller de Creative Cuisine démonos conta de que a primavera empeza a chamar a porta.

20160302_171332

 

flores 2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na natureza comezan a saír as primeiras flores e moitos animaliños comezan a saír do letargo invernal. Como non, estas semanas no noso taller tivemos a visita dos primeiros vermes da tempada e naceron  as primeras flores na nosa horta.

IMG-20160222-WA0001IMG-20160222-WA0013IMG-20160222-WA000920160302_17130620160302_171250

Animación á lectura

Estes días visitou o noso colexio unha persoa moi especial, unha persoa que disfrutaba da nosa compañía e que nos facía reflexionar sobre o importante que é estar preparado para facer determinadas lecturas e poder sacarlle o maior partido posible. Tamén nos fixo ver que a solución aos nosos problemas e inquietudes estaba en cada un de nós.

IMG_3432IMG_3431

Resultou unha clase divertida, amena e con moitos interrogantes que se irán solucionando co paso do tempo.

SABES COMO SALVAR UNHA VIDA?

Os alum@s de 6º de primaria participaron nunha clase práctica, a cargo do profesor de E.F. da ESO, onde puxeron a proba as súas habilidades e coñecementos sobre as técnicas básicas de soporte vital para salvar unha vida.

IMG_2758
Aprendemos o importante que é recoñecer unha parada e actuar responsablemente intentando reanimar cunha masaxe cardiopulmonar e chamar ao servizo de emerxencias para garantir que recibe o tratamento médico axeitado.
Despois da clase práctica recordamos a nivel teórico todo o aprendido.

IMG_2768IMG_2761

Xornadas Deporte Escolar

Os alumnos e alumnas dende 3º a 6º tiveron a oportunidade de compartir con nenos e nenas doutros colexios a afección pola actividade física, concretamente polos deportes de baloncesto, fútbol, balonmán e floorball. Na primeira das xornadas desprazámonos ata o C. E. I. P. Santa Baia de Boiro e na segunda xornada visitáronnos no noso centro alumnos e alumnas do Colexio Bayón.

Archivo_000

Foron unhas xornadas de gran divertimento para todos, onde o resultado foi o de menos, primando o xogo limpo, o compañeirismo e os demais valores que promulga o deporte.

Archivo_007Archivo_003Archivo_001

24 de febreiro «Día de Rosalía»

Un 24 de febreiro de 1837 naceu en Santiago a poetisa galega Rosalía de Castro e Abadía. Dende hai uns anos, conmemórase o aniversario do seu nacemento, adicándolle o día a lembrar a súa obra e a súa vida.

20160224_104309

Nós, quixemos unirnos a esa celebración recitando poemas, preparando debuxos e murais, traendo os seus libros ó cole ou participando nas redes sociais na campaña #mobilizarosalía, proposta pola AELG (Asociación de escritores en lingua galega) cos versos

«Trocando en sonrisas

queixiñas e choros»

do poema IV de Cantares Gallegos.

2013022211451156582

Os alumn@s de sexto asistimos ao Auditorio de Riveira para participar nunha homenaxe a Rosalía para conmemorar o seu nacemento.

A través da narración e a música fóronos contando a súa vida introducindo os poemas que ela escribiu.

O amor a natureza, os problemas da muller por aquel entón , as diferenzas de clases, o gusto e orgullo pola nosa lingua…..foron algúns dos temas que trataron.

la foto

Ao final rematamos recitando todos xuntos un anaquiño da súa obra «Cantares gallegos» (1863).

Feliz día de Rosalía a todo@s!!!

 

«Camiñamos xuntos por ti»

la foto 1

O tren da Coresma, na súa segunda semana, levounos a unha actividade en favor de MANS UNIDAS: «Camiñamos xuntos por ti».

la foto 1 (2)

la foto 2 (1)

De 3º de EP a 4º de ESO, fomos  ata o Dólmen de Axeitos, para compartir unha comida solidaria. Os maiores, voluntarios, responsabilizáronse dos máis pequenos e xuntos camiñamos a mediodía nunha ruta que rematou de volta no colexio preto das 15’00 da tarde.

la foto 4la foto 3la foto 2

Unha mañá divertida, cun divertido animador

 

Na mañá de onte xoves, o alumnado de 3º de ESO recibimos unha visita xenial. O animador Tito Spaguetto, pasou connosco unha hora e media falando de Lena e o Lobishome…

tito

en realidade falounos da súa experiencia sobre a vida: que aprendamos a deixar de ter medo, como era antes o trato dos pais e fillos,  a xente juapa juapa, os estereotipos, de abrir a mente ás novas ideas, a non enganarnos, a ser nós mesmos e non vivir nunha mentira… e NUNCA DEIXAR DE SER NENOS!!!

20160219_120701

Moitas grazas por vir!

Máis preto do Sahara

Con motivo da celebración do Día da Paz, en Secundaria participamos nun ciclo de charlas dirixidas aos colexios sobre a temática do conflito saharauí e os refuxiados.

20160203_121919

20160203_115408

Amparo Cerecedo, delegada comarcal de SOGAPS ( Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) e Laroussi Mohamed Lamin ( neno saharauí que estuda na nosa bisbarra), foron os encargados de  transmitirnos a voz dos refuxiados que agardan no deserto o regreso ao seu país.

Cunha presentación audiovisual, puidemos coñecer a historia, xeografía e costumes do Sahara Occidental e a actualidade e as duras condicións de vida nos campos de Tinduf, a través das fotografías e a testemuña da recente visita da nosa mestra Marián.

20160203_121928

O alumnado de 3º e 4º de ESO solidarizámonos asinando na campaña #ReferendumNow in #westernsahara que reivindica o referéndum para este país.

20160203_130617

20160203_130733

20160203_13051720160203_130459

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.