Campaña Cáritas

Dende o colexio queremos aportar o noso gran de area coas persoas necesitadas que están ao noso redor. Por eso queremos  facernos eco da petición que Cáritas nos fixo para colaborar con eles: precisan roupa e calzado de nenos  de  entre 3- a 12 anos. Dámosvos a grazas de antemán por colaborar e facervos eco de ten urxente necesidade.

A recollida farase o luns  25 e o 26 de abril.

 

Programa «Vacacións en Paz»

O nosos centro colabora na campaña que acaba de presentar SOGAPS (Solidariedade Galega co pobo Saharauí) para facilitar a chegada dos nenos refuxiados no deserto nas vindeiras vacacións de verán a Galicia.

Entregaremos a cada rapaz un sobre con toda a información, que poderán devolver coa aportación que desexen, aos titores, ata o luns 25 de abril.

Coa nosa achega podemos axudar a que os nenos e nenas saharauís, saian durante dous meses das duras condicións de vida no deserto. Tamén podemos informarnos sobre o programa como familias de acollida, dirixíndonos aos teléfonos que aparecen na información ou ao Departamento de Servizos Sociais do concello.

Moitas grazas pola colaboración.

diptico_2

Castelao Artista

O día das Artes galegas 2016 está adicado a Castelao.

IMG-20160419-WA0005

Foi por iso, que 3º e 4º de ESO decidimos achegarnos a Pontevedra, para despois de estudar a figura do rianxeiro, poder desfrutar tamén da súa obra gráfica.

No Museo Provincial, onde está aberta ao público a exposición «Castelao Artista», uns guías comentaron e explicaron os debuxos, caricaturas, óleos… que o polifacético autor ten alí expostos.

20160415_113119

E xa na rúa, desde o departamento de Normalización Lingüística do concello de Pontevedra, realizamos un percorrido polas rúas da zona vella, onde vimos os cruceiros, prazas, escudos e lugares relacionados coa obra de Daniel Castelao.

IMG-20160419-WA0002

Foi un día fermoso, no que a chuvia nos acompañou ata que voltamos á casa.

A horta de Infantil

20160407_151206

Coa chegada da primavera as clases de infantil decidimos preparar a nosa horta e vimos moi enriquecedor involucrar aos nenos e ás súas familias.

IMG_0448IMG_0448

 

IMG_0445

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os nenos de 4º de infantil encargáronse de traer as plantas con flor, os de 5º as hortalizas e os de 6º plantas aromáticas.

IMG_2472

IMG_248620160407_153427

Música en vivo

Este venres, os alumnos de 4º de Primaria recibimos unha visita moi especial que nos deixou a todos abraiados.

Noemí Otero, a nosa compañeira de 2º de ESO, deunos un pequeno concerto co seu clarinete e explicounos as peculiaridades deste instrumento.

tmp_2870-20160415_100717-963519004

Deste xeito, profundizamos un pouquiño máis no noso proxecto da orquestra sinfónica.

tmp_2870-20160415_100708-1345353023

GRAZAS Noemí pola túa colaboración!

Mercadillo Solidario

 mercadillo solidario
  Dende hoxe, día 18 de Abril o “Mercadillo Solidario” abre as súas portas para  tod@s aqueles que queiran axudar e colaborar no proxecto de ampliación do Fogar Vicenciano para maiores  dependentes, que temos en marcha en Guinea Ecuatorial dende hai moitos anos. Grazas á colaboración de tod@ somos capaces de facer a vida un pouco máis sinxela a aqueles que máis o necesitan.

COLABORA!!

la-foto-2-300x225la-foto-3

 

 

 

 

Os horarios de apertura serán os seguintes: alumnos  durante os recreos e para o resto de público de 12:45 a 13:15 e de 17:30 a 18:00

O MUNDO DAS PLANTAS

 

Os alumn@s de 2º de E.P. traballamos o mundo das plantas dende os elementos que necesitan para poder vivir, como as súas partes.

ANEXO 1

A medida que íamos avanzando pasamos por clasificalas en aquelas que son cultivadas ou silvestres, para máis adiante ver os diferentes tipos de plantas e os seus coidados.

ANEXO 2

Rematamos a actividade coa plantación de leitugas, pementos, fresas, puerros e calabacíns na horta do colexio e que iremos coidando ao longo desta estación.

ANEXO 3

IMG_2495IMG_2498IMG_2481IMG_2438IMG_2475IMG_2451IMG_2452


IMG_2500IMG_2467 (1)
IMG_2456


IMG_2490

 

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.