Os alumn@s de 2º de E.P. traballaron a cidade dende os edificios máis significativos e as funcións que estes desempeñan ata as profesións que nela se realizan tanto públicas como privadas.
Non é 24 de xullo, mais arrían velas desde a Confraría da Dorna e atracan no porto de 3º e 4º de ESO.
O presidente, Narciso «Chori» e Ramona Bello, (secretaria) xunto con Lidia Fernández (vicepresidenta e antiga alumna do noso centro) quedan connosco para falarmos da festa das festas.
Cóntannos que a colaboración e o traballo das peñas que adoitan participar nesta celebración son a esencia que fai a diferenza entre a Festa da Dorna e outras festas. Tamén nos falan do consumo responsable e preséntannos o certame de deseño de chapas, que se adoitan vender. Anímannos a formar a nosa propia peña e déixannos os carteis e a bandeira da Dorna.
Avante, sardiñeiros!
No día de onte, os alumnos do 1º e 2º ciclo da Ed. Primaria foron ata o colexio La Salle de Santiago, para ver a representación en inglés do conto clásico “The Tin Soldier”. Alí viviron a emocionante historia do valente soldadiño de chumbo e do seu gran corazón de ouro.
Tanto maiores coma pequenos pasárono fenomenal. Disfrutaron do teatro onde ademais de velo, participaron, riron, cantaron e divertíronse. Unha gran experiencia, debido ao bo enfoque da obra que gustou a todos, e ao exemplar comportamento dos nosos alumnos.
The performance of the play and the songs is a fun excuse for our students to learn. It helps them achieve some of the specific objectives established for the English area. They enjoyed taking part and singing the songs of the play.


Rematamos a xornada de lecer camiñando por Compostela.
Ayer, 4 de abril hemos celebrado en nuestro colegio un acontecimiento importante, muy importante para nosotros. Ayer, fue la celebración del Sí de las hermanas. Ayer TODA la comunidad teníamos nuestro pensamiento en ellas, sus caras estaban alegres e ilusionadas porque como cada año han vuelto a decirle al Señor SÍ, UN SÍ CON MAYÚSCULAS COMO AQUEL QUE MARÍA LE DIO AL ÁNGEL. Sin el Sí de María nada en la historia hubiera sido igual….Sin el SÍ de las hermanas no sería lo mismo, muchas personas no tendrían apoyo, ayuda, sin el Sí de las hermanas nuestro colegio no tendría sentido.
Por todo ello queremos decirles:
A Consellería de Educación acaba de anunciar no DOG do 28 de marzo, as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras e que van dirixidas a alumnos que cursan actualmente algún curso da ESO ou Bacharelato.
Os solicitantes ademais, deberán ter superadas todas as materias no curso 2014/15 e unha nota mínima de ben ou 6 na área de lingua inglesa.
Poden descargar o DOG neste enlace ou o cartel informativo.
Os alumn@s de 6º de E.P. hoxe quixemos facer unha pequena homenaxe a todas aquelas mulleres que cos seus actos fixeron posible que a muller fose escoitada e respectada en facetas da vida que so estaban desenvolvidas polos homes.
Mulleres como Lady Mary , Rosa Parks,Minn Keal,Gertudre Bell e Margarita Dans ( 1ª muller que fixo atletismo en Galicia (1961) atrevéronse a dar un paso adiante.
O noso recoñecemento a todas as nais que traballan dentro e fóra dos fogares.
foi a escolla do Plan Lector para este trimestre.
Esta mañá somerxémonos nunha viaxe ata o Vigo do s. XIX. acompañados da literatura de Xulio Verne e da música de Manuel de Falla. O autor valenciano Paco Climent recrea nunha das súas obras a novela histórica baseándose nos feitos acontecidos na ría de Vigo despois do afundimento dos galeóns españois procedentes de América.
Tito Spaguetto falounos da importancia da lectura, a curiosidade por aprender, o pensamento individual e a personalidade propia, temas que comentamos ao longo dunha hora e pico! para animarnos a decidir novas lecturas e apaixonarnos con mundos novos que están por descubrir.
Grazas por todo!
Durante estes días que o tempo estivo algo revolto , no taller de Creative Cuisine démonos conta de que a primavera empeza a chamar a porta.
Na natureza comezan a saír as primeiras flores e moitos animaliños comezan a saír do letargo invernal. Como non, estas semanas no noso taller tivemos a visita dos primeiros vermes da tempada e naceron as primeras flores na nosa horta.