Entre todos elaboramos unha pirámide alimenticia e aprendemos da importancia da auga na nosa dieta . Do aconsellable que é ter unha alimentación saudable e equilibrada respectando a inxesta de cada grupo de alimentos .
Aproveitando a Semana da Ciencia, os alumnos de 3º e 4º de Primaria, desprazámonos ata a Coruña, a cidade de cristal.
Alí, vímonos rodeados de cultura polos catro costados, e puidemos disfrutar de dous dos seus principais museos: O MUNCYT e a Domus.
Durante a mañá, visitamos o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Coa axuda dos nosos guías, levamos a cabo un experimento que nos axudou a valorar a importancia da auga potable. Durante a nosa estancia, tamén puidemos coñecer os famosos robots do museo, Pepe Xan e Mari Luz; e viaxar a bordo do BOEING 747 encargado de traer o Guernica a España.
Tras o xantar, desprazámonos ata a Domus, onde puidemos manipular diferentes maquetas e asistir a unha representación en 3D da película “Pequenas criaturas”.
Foi un día de gran proveito!
Como cada ano o 20 de novembro recordamos o Día dos Dereitos do Neno colaborando coa ONG Save the Children.
Este ano sensibilizámonos coa importancia que ten a auga nas nosas vidas e da que moitos carecen.
Participando na carreira escolar Quilómetros de Solidariedade queremos axudar a que milleiros de cativos e cativas teñan acceso á auga potábel, a unha alimentación axeitada e a unha educación.
Cunha aportación de 4 euros un rapaz recibe material para seguir estudando, con 7 euros, ten auga potábel nunha escola durante un mes e con 17 euros un neno come no colexio durante un mes.
Tod@s os alumn@s do colexio convertémonos en gotas de auga e, gota a gota logramos levar un pouco de alegría e axuda a aqueles rapaces que máis o necesitan.
Grazas a tod@s por colaborar.
Coa chegada do outono a castaña convértese na protagonista das nosas actividades escolares,xunto con outros froitos desta época.
O mércores o magosto converteuse na actividade estrela , onde os alumn@s de Infantil e Primaria degustamos unhas deliciosas castañas na horta do colexio disfrutando dunha tarde espectacular en compañía dos nosos compañeiros e mestres.
Durante estes últimos días, os alumnos de 1º de E.S.O. demos comezo ao noso proxecto sobre Estados Unidos. Dende a área de Xeografía e Historia, traballamos en pequenos grupos o funcionamento do sistema electoral e coñecemos o programa de goberno dos principais partidos: Demócratas e Republicanos.
Tras este primeiro achegamento, analizamos os pros e os contras de cada un dos candidatos. Os rapaces presentaron as súas opinións e sinalaron con que tendencia se sentían máis identificados.
Como peche da actividade, cubrimos o noso documento de cidadáns americanos e depositamos o noso voto.
Quen será o próximo residente da Casa Branca?
A xunta electoral, en reunión celebrada o pasado 4 de novembro, fixou o seguinte calendario para o proceso de renovación do Consello Escolar:
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
De conformidade co establecido na Resolución do 26 de setembro do 2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e da Dirección Xeral de Recursos Humanos (DOG do 4 de outubro), realizarase próximamente neste centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do prodedemento de elección dos novos membros do consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto o día 4 de novembro ás 15:00 horas, e integrada por:
– O Director ou directora do Centro
– Un representante da titularidade
– Un profesor ou profesora
– Un pai ou nai ou titor legal.
– Un alumno da ESO
– Un representante do PAS.
Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece a Orde do 28 de agosto de 1996 (DOG 26/9/1996), art. 7º. Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 3, xoves ás 11:15 horas.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que próximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.
Lembramos que o vindeiro 31 de outubro (día do ensino) e o 1 de novembro, non serán lectivos.