Os rapaces da ESO tivemos a sorte de escoitar en directo a un artista da nosa terra: QUICO CADAVAL. Empezou falándonos dos contos de sempre para logo mergullarnos nas lendas de Ribeira.
Grazas Quico, pasamos unha hora moi entrañable na túa compaña.
Os alumnos e as alumnas de 1º da Educación Primaria visitamos a Feira da Educación para asistir á actividade «Cantarolas para xente miúda». Un concerto infantil de música tradicional baseado na obra de Neira Vilas.
Aproveitamos a saída para visitar os diferentes stands dos colexios que participaron na Feira.
Pasamos unha mañá moi divertida e como recordo trouxemos dous libros.
Lembramos que os vindeiros días 1 e 2 de maio de 2017 , non serán lectivos. O 2 de maio foi o día solicitado polo Centro no comezo do curso, e autorizado pola Consellería, tal como recolle o calendario escolar do curso 2016-17.
Desta volta disfrutamos unha xornada de diferentes deportes e xogos tradicionais cos compañeiros do CEIP Santa María do Castro de Cabo de Cruz. Foi unha xornada moi intensa e divertida coa que se dou por finalizada esta tempada de XOGADE. Esperamos que as xornadas do próximo ano sexan igual de productivas.
Na clase de 2º de primaria realizamos unha actividade moi divertida: Somos Piratas!
A través dunha páxina web eliximos rutas e imos facendo os exercicios que nos piden. Resulta moi divertido, porque ao acabar unha ruta conseguimos un anaco de mapa, para chegar a un tesouro que se agocha no patio.
Empregamos a aprendizaxe cooperativa para realizar as tarefas en grupo. E as tarefas están deseñadas coas intelixencias múltiples e a taxonomía de Bloom, pero non deixan de ser actividades de lingua castelá de segundo de primaria. Repasamos moitos contidos.
O tesouro eran moedas de chocolate, repartimos unha para cada neno e nena.
O vindeiro domingo conmemórase o Día do Libro, polo que levamos uns días en 3º e 4º de ESO a preparar esta data tan significativa. Quixemos adicarllo ao recentemente desaparecido escritor galego Agustín Fernández Paz. Traballamos cos seus libros «A neve interminable», «Cartas de inverno», » As fronteiras do medo» ou «Corredores de sombra» e profundamos un pouco na súa biografía, obras publicadas, ou premios acadados ao longo de toda unha vida como mestre e narrador. No corredor de Secundaria prepraramos unha pequena exposición coas súas obras e os traballos realizados polo conxunto do alumnado para a ocasión.
Para rematar, este venres fixemos unha lectura para os compañeiros, dun dos capítulos do libro de misterio «A neve interminable».
A toda a comunidade educativa: feliz día do libro!
O venres 7 de abril os alumnos e alumnas do terceiro ciclo de Primaria disfrutaron dun día lúdico no parque Galipark de Padrón, onde realizaron múltiples actividades.
O obxectivo desta xornada foi fomentar a vida saudable , o traballo en equipo e as relacións sociais.
Como remate os nenos e nenas participaron nunha clase de reanimación RCP a cargo do mestre de Educación Física, onde tomaron conciencia da importancia de actuar con rapidez e cunhas nocións de primeiros auxilios.
Esta mañá en 3º e 4º de ESO dispuxémonos a preparar o vindeiro Día do Libro. Á volta de vacacións adicaremos este día ao desaparecido autor Agustín Fernández Paz, polo que estamos a ler algunhas das súas obras: «Cartas de inverno», «As fronteiras do medo», «Corredores de sombra» ou «A neve interminable».
Destas lecturas daremos boa conta nunha celebración nas próximas datas. De momento estamos deixando voar a imaxinación e como vedes, estamos feitos uns artistas!