O pasado día 31 de xaneiro o noso alumnado tivo unha nova xornada de deporte escolar no polideportivo municipal de Palmeira, onde desfrutaron de diferentes deportes xunto cos compañeiros e compañeiras do colexio CEIP O Grupo. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física, a cal rematou cunha gran partida multitudinaria de brilé, que serviu tamén para coñecer a nenos e nenas do colexio do Grupo, así como promover os valores do deporte como respecto, igualdade e compañeirismo.
Día da Paz
O martes, 30 de xaneiro, Infantil ata 4º da ESO reunímonos para conmemorar esta data coa realización dunha pequena homenaxe a eses homes e mulleres que loitaron pola paz.
Cada curso elaborou un sinal que simboliza a apertura a un mundo novo con novos sentimentos e emocións e sinais de Stop que poñen freo a todo aquilo que fai escurecer o noso entorno .
Cada curso realizou unha votación para elixir ao alumn@ que mellor resolve os conflitos da aula e foi galardoado cun diploma que recoñece ese labor.
Os alumn@s de 4º da ESO foron os encargados de leren o manifesto onde quedou reflectido que queda moito por facer e que cada un de nós somos importantes para conseguilo.
Excursión á neve
Aquí vai unha pequena mostra do ben que o pasaron as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO na viaxe á neve da pasada semana. Estiveron aloxados nun albergue no pobo de Villablino e disfrutaron das pistas da estación de esquí de Leitariegos, onde coa axuda dos monitores, aprenderon a esquiar e a facer snowboard.
Proxecto Harry Potter
De volta das vacacións de Nadal retomamos o noso proxecto.
A medida que avanza o curso profundizamos na nosa aprendizaxe sobre o mundo máxico.
SAÍDA Á NEVE
Charla Asociación A Creba
Os alumn@s de 5º e 6º de Primaria participaron nunha charla a cargo da Asociación A Creba na que abordaron o tema das enfermidades mentais.
O obxectivo é sensibilizar aos nosos alumn@s ante este tipo de enfermidades e intentar que desaparezan os prexuízos que se forman arredor delas.
Nestas enfermidades todos podemos chegar a formar parte do tratamento para a súa recuperación e como tal debemos actuar.
Nobody’s Perfect
BO NADAL 2017
Festival de Cáritas
O pasado venres día 15, o noso centro participou no festival organizado por Cáritas.
Os alumnos de 5º interpretaron a panxoliña “Le voy a adorar” e colaboramos coa posta en escena da obra “¿Qué es la Navidad?” coa que nos adentramos no Misterio do Nadal, que fai que cambie a nosa mirada, o noso sentir e sobre todo a nosa maneira de actuar.
Operación Kilo
Dende o Departamento de Pastoral queremos facervos chegar o noso máis sinceiro agradecemento pola vosa colaboración na campaña da Operación Kilo. Coa vosa axuda poderemos entrar naqueles fogares onde máis nos necesitan e facer que un sorriso saia de moitas familias para que poidan ter un Nadal un pouco máis acolledor grazas á vosa solidariedade.
“Un kilo de comida… un millón de grazas”.

























