Descubrimos entre todos o mundo das plantas.
Aprendemos as súas partes, os elementos necesarios para que poidan crecer e descubrimos como se esforzan para alcanzar a luz.
O pasado xoves 19 de abril e dentro da Feira da Educación, os alumnos do 1º ciclo da Primaria disfrutaron dunha sesión de contacontos no Auditorio Municipal chamada: «Pan e Chocolate». Desfrutaron dun conto que tiña como tema o amor e a igualdade. Foi moi ameno, xa que foron partícipes da sesión en diferentes momentos.
O pasado mércores 18 de abril, os alumnos de 1º e 2º ciclo da Primaria visitaron o Museo Etnográfico de Artes, onde coa axuda de María e as mestras viaxaron ao pasado, vendo as diferentes salas que o museo ten adicadas aos oficios propios da zona. Alí experimentaron de primeira man como se facía o viño ou como vivían os seus antergos.
Ao rematar a visita disfrutaron do parque que está ao carón con xogos tradicionais coma o pilla-pilla ou o escondite.
Os rapaces de 4º da ESO fomos agasallados cun exemplar de «Anagnórise» de María Victoria Moreno, ( autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas), por parte da editorial Galaxia, así como coa interpretación do libro feita por Limiar Teatro.
Eles presentáronnos a súa particular visión, moi ben traída, da historia de Nicolau e o seu amor de xuventude.
Grazas a Galaxia e a Limiar Teatro porque nos fixeron soñar unha vez máis.
No Colexio este ano o obxectivo a traballar é » O Servizo». Nas aulas de Infantil decidimos mostrar aos alumnos certos oficios nos que a súa tarefa é axudar ás persoas que forman parte da comunidade ( bombeiros, policía, sanitarios), arriscando moitas veces as súas vidas para axudar ós demais. Esta semana tivemos a primeira visita adicada aos policías, así os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer tamén por dentro o coche da policía municipal, onde disfrutaron moito, poñendo en funcionamento as sereas.
