TALLER DE ESCRITURA

Ao longo do 2º e 3º trimestre os alumn@s de 6º traballaron os diferentes tipos de textos nas materias de Lingua castelá e Galego.

Traballo interdisciplinar coa materia de Plástica onde elaboraron unha carpeta en papel maché.

RECICLAMOS

Hoxe, 13 de xuño, os alumnos do 3º ciclo de EP  participaron da festa de clausura do programa de EcoVoz onde os alumnos de 6º recolleron o premio polo seu traballo na categoría de “Economía Circular”.

 A elaboración de cuñas radiofónicas en diferentes  estilos: pareados, rap, adiviñas.. foron do agrado do xurado.

A concienciación á hora de reciclar, respectar  e manter o medio ambiente traballouse dende a materia de Valores cívicos e Lingua castelá.

PARQUE NATURAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLANTICAS

Os alumnos do 3º ciclo de primaria desfrutaron dunha xornada cargada de emocións.

Dous guías foron os encargados de dar coñecer a historia que gardan as illas, así como a fauna a e flora con  recursos medicinais durante o percorrido de dúas rutas.

O altar do druída, a pedra do monxe,o hotel para insectos,o faro… chamaron a atención dos alumnos.

E sobre todo a concienciación de coidar o medio natural.

TIC E CIBERSEGURIDADE

Grazas ao «Plan  Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna», que oferta a Consellería de Educación en colaboración coa Policía Nacional; os alumnos de 1º ciclo da ESO coñeceron da man de PILAR  FERNÁNDEZ BANDÍN (Policía Nacional) temas de actualidade coma os riscos das compras por internet,  bloqueo de ventás emerxentes, fraude  e usurpaciòn de identidad, os perigos de tiktok, instagram… e á necesidade de establecer un control parental no uso dos diferentes dispositivos.

DÍA E NOITE

Os alumnos de 1º de primaria traballaron o movemento de rotaciòn da Terra que da lugar ao día e a noite.

Afianzaron os conceptos de xeito manipulativo coa elaboracion dunha maqueta .

CARREIRA DE ORIENTACIÓN

A pasada semana o alumnado de 1º a 3º de ESO, realizaron unha carreira de orientación na horta da escola. 

A carreira consistía en atopar seis balizas repartidas pola horta nun tempo máximo de 5 minutos, para isto servíanse dun mapa e da súa capacidade de orientación. A tarefa foi realizada por grupos de catro persoas e todos o pasaron en grande.

POLOS CREATIVOS

Os máis pequenos puxeron en marcha a súa creatividade traballando en cooperativo. Empregamos o xogo e a experimentaciòn como ferramenta de aprendizaxe. Os materiais empregados pertenecen aos kits de POLOS CREATIVOS en servizo de préstamo por parte do CAFI.