Sempre resulta agradable escoitar as experiencias e anédoctas dun exalumno da nosa escola, que despois de 60 anos recorda con cariño o tempo vivido no centro.
José Luis contounos como era o centro e todos os cambios que sufriu e deleitounos coas súas vivencias.
Un Vía Crucis especial
Visita ao mercado e Feira da Educación
Os alumnos de 1º e 2º de Primaria participaron no taller «Reciclar con xeito» con motivo da Feira da Educación organizada polo concello. Aproveitamos a ocasión para visitar o mercado e ver de cerca os produtos do sector primario.
Os alumnos disfrutaron das actividades e sobre todo da boa acollida por parte dos traballadores do mercado.
Xuntos aprendemos a facer as cousas sós.
No curso de 3 anos, neste trimestre, organizámonos en cooperativo para as actividades de rutinas, comunicación, expresión e creatividade. Como non, primeiro tivemos unha asemblea para decidir o tema dos nosos grupos: As froitas.
Con esta maneira de traballar todos nos apoiamos, e entre todos conseguimos facer mellor e con máis satisfacción as nosas tarefas.
Science 2º EP
Cantando por Antón Fraguas
O venres os alumn@s de 6º EP participaron nas actividades programadas polo concello na Feira da Educación.
Asistiron ao concerto didáctico do grupo de música tradicional Tanxugueiras, que interpretaron «Cantando por Antón Fraguas».
Acto seguido fomos á inaguración da escultura que homenaxea a todas as mulleres maltratadas.
GOYA Á MELLOR…
No eido da Feira de Educación que se está a celebrar en Ribeira, puidemos ver a película de animación «O soño dunha noite de San Xoán». Logo disfrutamos do saber facer de Manuel Gómez, que conta con dous GOYA así coma con varios galardóns do AGAPI.
É produtor audiovisual, ensinounos como escribir un guión e como organizar unha storyboard para facer un proxecto audiovisual.
Falounos dos tipos de enfoque de cámara para representar os diferentes sentimentos das personaxes, o importante que é o traballo en grupo e falar con xente que ten os memos intereses ca ti.
Tivemos unha mañá moi produtiva.
2 de abril, Día Mundial do Autismo
Eu non vexo trastornos, dificultades nin talentos a desenvolver.
Vexo persoas. Vexo sementes.
Non sei de que especie son, nin o que agochan. Cada neno, cada nena trae dentro de si un potencial, e eu, que podo facer?
Observar e escoitar o que a semente me quere dicir. Darlle un espazo onde ela decida canta luz precisa, canta auga, canta terra, canto e como.
Ter a humildade de saber que non todas as sementes son iguais, e de non pretender que todos sexamos carballos… ou eucaliptos: Medra rápido, produce rápido, arde rápido.
Darlle a cada semente, a cada nena, cada cativo, no que todavía palpita o instinto de saber quen é, a oportunidade de decidir o que precisa para medrar, para facer brillar ante os nosos ollos o verxel que agocha no seu interior.
Falamos do Sáhara
Hoxe visitounos no colexio Ramón Martínez para contarnos as súas experiencias co pobo saharauí.
Desde o ano 2000, no que colaborou no programa de acollida Vacacións en Paz, viaxa con frecuencia aos campos de refuxiados en Arxelia. Ademais de visitar aos que xa considera membros da súa familia, participa en iniciativas solidarias, como recollida de alimentos, medicinas ou material escolar e deportivo. Acaba de regresar hai uns días de correr o Sahara Marathon e aos alumnos de 5º e 6º de EP e 1º e 2º da ESO pareceunos moi interesante que nolo viñera contar.
Moitas grazas pola visita e parabéns pola túa solidariedade!
Roteiro fin de trimestre en Secundaria
Rematamos o 2º trimestre, e os Departamentos de Educación Física e Historia, organizaron unha saída pola contorna para o alumnado da ESO.
O venres 29 de marzo, saímos do cole pola mañá seguindo a ruta do río Artes, acompañados por un grupo de mestres, para desfrutar dun roteiro pola natureza. A seguir, subimos ao monte da Cidá, paramos no miradoiro da Pedra da Rá, dende onde vimos o outro lado da ría, e as illas de Sálvora, Ons e Cíes.
Subimos ata o Castro da Cidá, onde se atopan os restos arqueolóxicos dun poboado castrexo, escavados recentemente.
Preto do Vilar escollemos un lugar tranquilo para o xantar e regresamos pola tarde polo Parque Natural das Lagoas de Carregal e Vixán.
Que ben se pasa aprendendo da natureza, compartindo cos compañeiros e coñecendo as paraxes máis belas da nosa comarca!
Temos que repetir!