«O Cazador de estrelas»
Unha das tarefas propostas para o alumnado de 3º ESO no Plan Lector deste curso, foi a realización dun lapbook sobre a novela de Ricardo Gómez “O cazador de estrelas”.

Canda o protagonista Bachir, aprendemos valores coma o optimismo e a esperanza. Coñecemos tamén da man do narrador os costumes e tradicións saharauís… o té, a henna, a historia oculta da guerra polo territorio ocupado… A provincia 51.

Logramos comprender que a pesares das dificultades, por riba das nubes, hai un millón de estrelas.

O MUNDO DAS CORES
PAPÁ
8 DE MARZO

Hoxe é un día especial para todas as mulleres e dende o cole quixemos representar a diversidade en todos os ámbitos laborais. Durante toda a semana os alumnos achegaranse dende as diferentes materias a mulleres que foron un referente para o avance da sociedade.

Os máis pequenos personalizaron este día co marabilloso mundo da ilusiòn , onde as nais se converteron en verdadeiras fadas e heroínas.

RECADACIÓN SAVE THE CHILDREN
AS PAISAXES- LANDSCAPES
ADMISIÓN ALUMNADO 2021-22
Xa se pode consultar a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso 2021-22 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS.