CAMPO A TRAVÉS “VI MEMORIAL VICENTE R. FERNÁNDEZ GARCÍA”

O pasado venres 27 de xaneiro o alumnado dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º participaron na carreira de campo a través “VI Memorial Vicente R. Fernández García” no estadio municipal Ana Peleteiro (A Fieiteira), alí xuntámonos con máis de 1500 nenos e nenas doutros colexios para desfrutar dunha gran xornada de deporte ao aire libre facendo diferentes recorridos por dentro do estadio e tamén no monte ao lado do mesmo.

Aínda que o importante é participar e pasalo ben os seguintes nenos e nenas clasificáronse para participar no campionato intercomarcal de campo a través, que se celebrará o próximo 15 de febreiro en Noia.

3º EP: Breixo López Millares, Juan Pardavila González, Nicolás Millán Sampedro e Ángel Martínez Lijó.

5º EP: Ezequiel Martínez Hermo e Álvaro Lijó Mariño.

6º EP: Lara Abelleira Gómez e Simón Ageitos Somoza.

MOITA SORTE PARA A SEGUINTE PROBA!

RENOVACIÓN ENCERADOS DIXITAIS

As clases de 3º e 4º da ESO renovaron as antigas PDI (Pizarras Dixitais Interactivas) polos modernos paneis interactivos da prestixiosa marca Promethean. Estes gozan de múltiples vantaxes: non dependen de proxectores, teñen conexión propia á rede, sistema operativo ANDROID, resolución 4k UHD…….

Dende o pasado mes de decembro, profesores e alumnos disfrutan das funcionalidades que ofrecen os novos paneis, disminuíndo os tempos de conexión aos recursos educativos e facendo as sesións lectivas máis motivadoras.

A VISITA DE CAMI A 5EI

A saúde é un tema fundamental para ter unha boa calidade de vida, e na escola somos conscientes diso; por iso, é un contido que traballamos a cotiá. Coa intención de afondar, neste caso na hixiene dental, tivemos a visita dunha mamá  odontóloga que ensinou o nome dos dentes e o seu axeitado lavado. Desfrutamos dunha tarde de aprendizaxe en compañía do crocodilo CAMI ao que lle deixamos os dentes relucentes!

UN MUNDO POR DESCUBRIR

Un mundo por descubrir ou  máis ben esquecido por moitos debido ao paso do tempo. Así comezamos o primeiro trimestre os alumnos de 3º da ESO, que asisten as clase de Cultura Clásica. No mes de setembro iniciaron unha viaxe  pola  universo da Antiga Grecia, onde descubriron a súa historia, xeografía, arquitectura e personaxes importantes dun xeito diferente e divertido.

Froito desta longa viaxe os alumnos recrearon algúns monumentos que lles chamou a súa atención: o cabalo de Troia, o faro de Alexandría coloso de Rodas, a Acrópole….

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.