Con motivo da conmemoración do Día do libro, o 23 de abril, ao longo da semana leváronse a cabo diferentes propostas relacionadas coa lectura. Entre elas podemos destacar o apadriñamento lector, actividade interetapa entre o alumnado de 1º de primaria e 6º de infantil, a lectura en familia, onde as mamás dos cativos de 5º de infantil nos narraron os seus contos preferidos ou cóntoche un conto, un obradoiro de lectura dos alumnos de 6º de primaria a 4º de infantil. Un clima de maxia inundou o centro, onde nenos e nenas, profes e familias desfrutamos da literatura deixando voar a nosa imaxinación.
Mindfulness, que pode traducirse ao galego como atención plena ou consciencia plena, consiste en lograr ser consciente do momento presente e centrarse no que está sucedendo «aquí e agora». Esta técnica produce nos nenos e nenas múltiples beneficios: axuda á autorregulación emocional, reduce o nivel de estrés, mellora a atención e a concentración, incrementa o rendemento académico ou contribúe a formar un alumnado resilente, creativo e positivo.
Aproveitando as instalacións do centro, achegamos aos nosos cativos ao mindfulness nunha contorna que invita a conectar con eles mesmos e coa natureza.
Para celebrar o Día do Libro, o alumnado de 5º de EP realizou durante toda a semana pequenas exposicións individuais nas materias de Lingua Galega e Lingua Castelá recomendando diferentes libros aos seus compañeiros e compañeiras. Posteriormente crearon un espazo no corredor relacionado con esta actividade chamado “EXPRÉS-ARTE” para compartir esas recomendacións co resto do alumnado do centro.
Os alumnos de 6º de Primaria celebraron o 80 aniversario do “Principito” facendo un proxecto interdisciplinar coas áreas de Lengua e Plástica amosando os debuxos máis significativos e as leccións de vida que nos ofrece.
Os alumnos de 1º de Primaria elaboraron un marcapáxinas participando neste aniversario especial. Un libro sen idade e con moitas reflexións sobre o mundo da infancia e a vida adulta.
1º e 2º de
ESO estiveron traballando nunha actividade que titulamos “Nuestros libros favoritos”, unha actividade moi sinxela que consistía en que cada alumno escollese o seu libro favorito e posteriormente tiveron que elaborar unha ficha en cartulina explicando por que ese era o seu libro favorito. Logo para a exposición trouxeron o exemplar en concreto, que foi exposto no corredor acompañando cada libro coa súa correspondente ficha.
Por outra banda, o alumnado da ESO celebrou este día coa exposición no corredor de Secundaria das Caixas Simbad de 1ºESO feitas sobre a lectura de trimestre. 3º ESO expuxo os seus caligramas traballados na poesia de vangarda e todos xuntos participaron na creación dun mural Exprés-Arte no que escribiron sobre os seus libros, xéneros e autores preferidos.
Os alumn@s de 6º de primaria participaron nuns talleres organizados polo CIM de Ribeira.
Os alumn@s reflexionaron sobre os estereotipos que vive a sociedade coa identificaciòn de xénero,postos de traballo,labores domésticas… plasmando as súas conclusiòns en murais e exposiciòns orais.
Tamén traballaron a publicidade e cada grupo elaborou o seu propio vídeo.
Reciclar é importante, e que mellor que facelo empezando por crear o noso material de xogo.
Coa reciclaxe de obxectos e utensilios variados nos nosos xogos axudamos á conservación do medio ambiente e ao aproveitamento dos recursos naturais. Desta forma, convertemos a arte de reciclar na arte de xogar.
Os alumnos do primeiro ciclo de Ed. Primaria participaron, na tarde do mércores 19, dun encontro con ilustrador Benxamín. Esta actividade é promovida pola Editorial Anaya con motivo da celebración do Día do libro o vindeiro domingo. Con esta visita os rapaces puideron coñecer o proceso de creación dos debuxos dun conto.
Os alumnos de 3º da ESO que asisten a materia optativa de Cultura Clásica remataron o segundo trimestre expoñendo os seus proxectos referentes aos seres mitolóxicos que foron obxecto de traballo ao longo do mesmo. Ao longo dos meses de febreiro e marzo realizamos un estudio dos mitos, as súas orixes, a cultura e os elementos que os conforman, os cales lles fixeron descubrir aspectos descoñecidos dos seres que abundan na mitoloxía grega.