O 13 de xuño o alumnado do 3ºciclo participou na festa de clausura 2025 de Radio Voz. Nesta edición os alumnos de sexto fixéronse co 1º premio na sección polo seu traballo en “Clave circular”.
Disfrutamos dun día cheo de emocións onde o tempo permitiu que desfrutáramos dun día de piscinas.
Na nosa actividade extraescolar de cine non só vemos filmes ou series:
Debatimos, reflexionamos e analizamos o que vemos, traballando temas como a empatía, as emocións ou a toma de decisións.
Fomentamos o espírito crítico e a expresión persoal, tan importantes nesta etapa da vida.
Cada sesión é unha oportunidade para entender mellor o mundo e a nós mesmos a través das historias que vemos.
E para pechar o curso, celebramos a nosa propia entrega de Óscars, destacando as habilidades, aptitudes e personalidades únicas de cada alumno. Tamén fixemos entrega dun pequeno agasallo a cada un deles, para que leven un recordo especial desta actividade tan significativa.
Se che gusta o cine e queres aprender a mirar máis alá da pantalla… esta é a túa extraescolar!
O alumnado do 2º ciclo de EP desfrutou dunha experiencia chea de emoción e aventura. Puideron deslizarse polas tirolinas e sentir a adrenalina, navegaron en canoa, escalaron no rocódromo…
O alumnado de sexto de primaria participan no programa de Radio Voz na sección de Economía Circular quedando en 1º posición. O alumnado conciénciase da importancia de traballar na sostenibilidade do planeta.
O venres vivimos a nosa excursión en Fervenzaventura.Foi un día cheo de aprendizaxes e natureza e sobre todo moita ilusión. Tivemos a ocasión de coñecer e achegarnos a diferentes animais.A simpática Pepa non deixou de durmir mentras a visitabamos, a burra Macarena permitiu que a cepilláramos,preparamos o biberón para darlle a Nube e plantamos a nosa propia leituga.Tamén fixemos pan que amasamos con moito agarimo para traer como agasallo as nosas casas.Foi un día moi especial que nos permitiu aprender fóra da aula en contacto coa natureza e a vida rural.
O alumnado de sexto de primaria participa nas actividades de Renacer co motivo do Día Mundial sen Tabaco. Na matería de plástica realizaron un proxecto onde plasmaban a necesidade de manter limpos os pulmóns. O obxectivo é concienciar ao alumnado de levar unha vida sa.
As cantareiras foron homenaxeadas neste día da mellor maneira posible, celebrando por todo o alto unha gran foliada. Acercáronos as cantigas máis populares acompañadas polas pandeiretas e cunchas. Ao mesmo tempo foron amosando diferentes obxectos que eran utilizados como instrumentos nas diferentes tarefas.
O alumnado do 1º ciclo de EP desfrutaron dun día en contacto coa natureza facendo múltiples actividades relacionadas cos animais e o campo. Tampouco faltaron as actividades deportivas como a escalada no rocódromo e os desprazamentos por cordas. Un día cheo de emocións.
Os alumnos de 6º de primaria levaron a cabo un proxecto interdisciplinar nas materias de lingua galega e plástica . A lectura de Pablo e as pombas deulles a coñecer os seus primeiros anos na Coruña e como se iniciou no mundo da pintura para logo plasmalo nunha pequena obra cubista xunto co seu retrato cunha boa combinación de cores.