Durante a primeira semana de clase o alumnado de 1º de EP estivo relatando as vivencias do verán que máis tarde plasmaron en imaxes coas súas cámaras fotográficas. Unha forma divertida de compartir o vivido.

Despois da chegada da nosa mascota ao colexio cedida polo amigo Luis ,quen mellor que o veterinario para ensinarnos os coidados que precisa a nosa tartaruga.
Alejandro Llovo visitou esta semana o noso centro, conversando co alumnado e respondendo as súas preguntas. Mostrounos curiosidades que descoñeciamos e concienciounos para ser bos coidadores.

No noso centro está en funcionamento a iniciativa da “maleta mariñeira viaxeira” do CEIDA, unha colección de libros e álbumes ilustrados sobre o medio mariño.
O seu obxectivo é achegar ao alumnado a cultura mariña, dar a coñecer os océanos e reflexionar sobre os problemas ambientais que os afectan, como o cambio climático ou o lixo mariño.
A maleta estará dispoñíbel no centro durante un mes, nos cursos de 1° a 4°.



A mellor maneira de rematar o traballo dun curso e a xuntanza da comunidade educativa. Este ano visitamos Combarro e desfrutamos dunha viaxe en barco cun día esplendido .
Grazas por compartir un ano máis de aprendizaxe e de vida con nós.
