Os alumn@s de 4º,5º e 6º participaron na charla sobre o acoso escolar e a utilización das redes sociais, impartida pola policía nacional encargada destes temas. O obxectivo é a prevención e a concienciación do alumnado sobre o dano que se pode causar e os perigos que se poden correr .
Nesta unidade fabricamos as nosas propias pas de paladós, un deporte de cancha dividida semellante ao tenis pero que empregamos coma implemento unhas pas redondas nas mans suxeitadas por unha goma. Logo da etapa de familiarización comezaremos cos partidos coma práctica real.
A choiva non deixou que os mimos desfilaran pola parroquia saudando a pais e veciños pero o noso renovado polodeportivo acolleu unha gran festa con desfiles e bailes na que os mimos repartiron moita alegría.
Os alumnos do 3º ciclo de EP e ESO participaron nun taller online interactivo co obxectivo de axudalos a interiorizar hábitos cotiáns para previr problemas de ciberseguridade cos nosos dispositivos e servizos online.
O pasado xoves 25 de xaneiro o alumnado dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º participaron na carreira de campo a través “VII Memorial Vicente R. Fernández García” no estadio municipal Ana Peleteiro (A Fieiteira), alí xuntámonos con máis de 900 nenos e nenas doutros colexios para desfrutar dunha gran xornada de deporte ao aire libre facendo diferentes recorridos por dentro do estadio e tamén no monte ao lado do mesmo.
Aínda que o importante é participar e pasalo ben os seguintes nenos e nenas clasificáronse para participar no campionato intercomarcal de campo a través, que se celebrará o próximo 23 de febreiro en Noia.
3º EP: Adrián Salgado Pouso
4º e 5º EP: Breixo López Millares, Asier Teira Lorenzo, Nicolás Millán Sampedro e Juan Pardavila González.
6º EP: Ana Rodríguez Bretal, Ezequiel Martínez Hermo e Iker Mariño Santamaría.
NORABOA A TOD@S E MOITA SORTE PARA A SEGUINTE PROBA!
Puxemos a andar os talleres de interioridade cos máis pequenos. Un momento de calma, de encontrarnos a nós mesmos, de poder reflexionar e transmitir boas sensacións que axudarán a unha mellor convivencia e benestar persoal. Estreamos o oratorio como un lugar de encontro con Xesús.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.