Amor, amizade, fogar, seguridade, abrigo, heroe, calor, coidado, protección… verbas que nos lembran a ti PAPÁ. O mellor agasaio é poder estar ao teu carón. Feliz Día do Pai!


Como cada 8 de marzo a cor violeta faise visible nas diferentes propostas educativas que buscan conmemorar a loita das mulleres por acadar a igualdade, o recoñecemento e os seus dereitos.
Baixo o lema “Abre os teus ollos” leváronse a cabo diversas actividades como bandas deseñadas, carteis, asembleas, collages… co obxectivo de reflexionar e concienciar sobre a importancia de acadar unha sociedade equitativa, onde mulleres e homes poidan vivir plenamente en igualdade de condicións.
Ao longo deste trimestre, os alumnos de 2° de eso foron incorporando á clase de música o coñecemento e práctica de instrumentos musicais. Para iso, varios compañeiros asumiron o papel de profes e explicáronnos un pouquiño sobre as características e historia do seu instrumento. Como broche de cada sesión, tocáronnos unha peza e permitíronnos experimentar arrancándolle algunha nota aos instrumentos cordófonos.
Xa se pode consultar a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso 2024-25 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS.