A programación das reunións das familias coas titoras na vindeira semana é a seguinte:
LUNS 6 OUTUBRO: 5º E 6º DE ED. PRIMARIA HORA: 18:00
MARTES 7 OUTUBRO: ED. INFANTIL HORA: 19:30
MÉRCORES 8 OUTUBRO: 3º, 4º DE ED. PRIMARIA HORA: 18:00
1º, 2º ESO HORA: 18:30
3º, 4º ESO HORA: 19:00
XOVES 9 OUTUBRO: 1º, 2º DE ED. PRIMARIA HORA: 18:00
NOVAS DE INTERESE
PLATAFORMA EDUCATIVA
Como xa adiantáramos no mes de maio, neste curso 2014-15 poñeremos en funcionamento as comunicacións avanzadas CENTRO-FAMILIAS a través da plataforma educativa EDUCAMOS.
É un servizo educativo voluntario, pero durante este primeiro trimestre poñerémolo en funcionamento de forma gratuita para todas as familias.
No mes de xaneiro cargaremos na conta o importe establecido ( 20€/curso) a aquelas familias que xa o solicitaran no seu momento e tamen ás que demanden este servizo e non o fixeran antes.
Para poñen en funcionamento este servizo precisaremos os e-mails de tódolos pais-nais para poder enviar os datos de acceso. Todo este proceso realizarase no mes de outubro.
AUXILIAR DE CONVERSA NATIVO
Neste mes de outubro vai a comezar a traballar no centro un auxiliar de conversa que acompañará ao profesor titular de lingua estranxeira nunha sesión semanal en tódos os cursos do centro. Nos cursos nos que o Coñecemento do medio se imparte en inglés ( Science) tamen estará presente nesa materia unha vez á semana.
Ademais, na hora extraescolar formará grupos de conversa cos alumnos de 6º de EP ata 4º ESO que soliciten esta actividade, xa que este ano a anterior auxiliar de conversa (Tracey) non estará disponible.
Este servizo supón un custo que a administración non vai sufragar, pero que aínda así consideramos que é de vital importancia. Polo tanto, é fundamental a participación das familias a través dunha aportación en forma de donativo voluntario que xa adiantáramos que sería de 25€/ano.
Confiamos que as familias colaboren con esa aportación ( os resultados da enquisa indican unha aceptación superior ao 90%) para que o centro poida cubrir os gastos deste servizo e así seguir invertindo na mellora do centro.
De forma paralela solicitaremos as axudas para a contratación de auxiliares de conversa publicadas do DOG do 1 de setembro. Se son concedidas e dependendo da cantidade subvencionada, revisaremos a cota no seu momento.
No mes de outubro informaremos do nº de conta para que poidan realizar unha única aportación de 25€ ou de forma fraccionada mensualmente se prefiren.
Sen máis, esperamos que estes novos servizos sirvan e sexan do agrado das familias e nos axuden a mellorar a calidade educativa e a comunicación. Seguiremos informando.
AVISO FESTIVO LOCAL
O VENRES 12 DE SETEMBRO O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO DEBIDO Á FESTIVIDADE DE STA UXÍA (FESTIVO LOCAL)
Gándara nº 2. A nosa Revista escolar.
PROBAS SETEMBRO
O vindeiro curso 2014-2015, as clases en Ed. Infantil e Primaria escomezarán o día 10 de Setembro. Na ESO escomezarán o día 15.
Aqueles alumnos con materias pendentes da avaliación de Xuño, poderán presentarse ás probas de Setembro, que están distribuidas na seguinte táboa:
|
DIA 1 |
DIA 2 |
DIA 3 |
||||
|
|
|
|
||||
| 9:00-10:00 | MATEMÁTICAS | 1º ESO | L. CASTELA | 1º ESO | L. GALEGA | 1º ESO |
| 2º ESO | 2º ESO | 2º ESO | ||||
| 3º ESO | 3º ESO | 3º ESO | ||||
| 4º ESO | 4º ESO | 4º ESO | ||||
| 10:15-11:15 | INGLÉS | 1º ESO | TECNOLOXÍA | 1º ESO | FRANCÉS | 1º ESO |
| 2º ESO | 2º ESO | 2º ESO
3º ESO |
||||
| 3º ESO | 3º ESO | 4º ESO | ||||
| 4º ESO | 4º ESO | |||||
| 11:30-12:30 | C.NAT. | 1º ESO | FIS. E QUIM | 3º ESO | RELIXIÓN | 1º ESO |
| 2º ESO | 4º ESO | 2º ESO | ||||
| 3º ESO | ||||||
| 4º ESO | ||||||
| 12:30-13:30 | BIOL.E XEOL. | 3º ESO | C. SOCIAIS | 1º ESO | MÚSICA | 2º ESO, 3º ESO |
| 4º ESO | 2º ESO | PLÁSTICA | 1º ESO, 3º ESO | |||
| 3º ESO | ÉTICA | 4º ESO | ||||
| 4º ESO | ||||||
MATRÍCULA ALUMNOS NOVOS
Informamos que o vindeiro 25 de xuño ás 19:00 horas terá lugar a reunión informativa coas familias dos alumnos de novo ingreso para formalizar matrícula para o curso 2014-15.
Aquelas familias que non poidan asistir, pódense poñer en contacto co centro para formalizar a matrícula en outro horario.
FEIRA DA EDUCACIÓN
Este ano dende o concello convidouse a todos os centros do municipio a participar nunha exposición dos proxectos realizados ao longo de todo o curso.
O noso centro participou cun amplo abano de actividades: dende a elaboración de contos, ata traballos en marquetería ou papel maché.
Dende todas as materias que abrangue o currículo traballouse de diferentes formas para poder alcanzar os obxectivos propostos.
No apartado de convivencia aportamos a nosa experiencia nun taller de oración e a nosa participación durante dez anos coa O.N.G Save the children.
ANIMACIÓN Á LECTURA
O grupo de teatro ATALAIA visitou o noso colexio para levar a cabo unha xornada de animación a lectura na que participaron todos os alumnos de E. Primaria e o último curso de EI.
Todas as sesións xiraron en torno á competencia social e cidadán, partindo dos conflitos dos alumnos, propios de cada idade. Eles víanse reflectidos e partiparon activamente, sen esquecer un ton de humor.
NOTICIAS DE INFANTIL!
Durante o mes de maio fixéronse no Colexio distintas actividades para traballar tanto o Día do Libro como as Letras Galegas. En Infantil, unha desas actividades foi convidar os pais/nais dos nenos/as a contarnos un conto, elixidos por eles mesmos, polo que conseguiron manter a atención dos rapaces/as e, ademais, aprender.
Para rematar o mes de Maio: “Mes de María” fixemos una procesión para visitar a Virxe de Aranzazu, na horta, onde se lle ofreceron frores, poesías e cantos.
O longo do curso os nenos/as de 6º de Infantil elaboramos na aula proxectos con temas elexidos polos rapaces/as como o dos “cabalos” e as “bolboretas”. Partindo do que xa sabían e o que lles gustaría saber, sorprendéronse de todo o que chegaron a aprender destes animais.
EXCURSION 5º-6º INFANTIL:
Este curso os nenos/as de 5º e 6º Infantil fomos de excursión ó Grove. Alí visitamos o Acuario e fixemos un recorrido no tren turístico ata a Illa da Toxa. Foi una experiencia moi divertida e cultural.
Tres nenas de 6º Infantil –Noela, Graciela e Iria Paz- sorprenderon a todo o colexio, cando de forma espontánea, no día das Letras Galegas, actuaron en todas as aulas do centro tocando a pandeireta, cantando e bailando cancións tradicionais galegas. Estiveron marabillosas!
5º E.I. E O SEU MAIO CULTURAL
Viñeron as nosas familias a contarnos contos! Fíxonos tanta ilusión…
O 17 de maio foi o Día das Letras Galegas, e nós tamén o celebramos!!!
Tamén tivemos a oportunidade de compartir un obradoiro de papiroflexia a cargo de alumnos da ESO!
Fíxonos moita ilusión, facer unha ofrenda floral na capela da horta.
E que ben o pasamos na excursión ao Grove!
































