RIANXO

Na mañá de onte, o grupo de 4º de ESO fomos de visita cultural a Rianxo. Había tempo que estabamos a agardar por ela, e despois de coñecer a importancia e o valor desta vila mariñeira que temos tan preto,( onde naceron algúns dos máis importantes escritores e intelectuais galegos do s.XX ),  non nos defraudou.

Visitamos o Museo do Mar, e alí Kike explicounos como se constrúen as dornas, a evolución no cultivo de mexillón nas bateas ou sistemas de pesca tradicionais.

IMG-20140528-WA0011

Despois achegámonos á Casa Museo Manuel Antonio. Foi moi emocionante ver o lugar no que naceu, e como se conservan as súas pertenzas, os manuscritos, fotografías e poemas que estudamos na clase durante o curso. Rebeca contounos moitas anécdotas interesantes da vida do poeta.

IMG-20140528-WA0015

Rematamos a visita paseando polas rúas da vila onde viviron Castelao e Rafael Dieste, visitamos a capela da Guadalupe e o Paseo da Ribeira. Antes de voltar, pasamos polo Auditorio, para rematar unha mañá completa cultural e de lecer.

IMG_9575  IMG_9577

O noso agradecemento ao Concello de Rianxo polo convite, e a Kike e Rebeca pola acollida.

AVISO REUNIÓNS INFORMATIVAS CURSO 2014-15

Na vindeira semana informaremos dende o centro sobre aspectos organizativos relevantes de cara o vindeiro curso:

 

          IMPLANTACIÓN DA PLATAFORMA DIXITAL “EDUCAMOS”

IMPLEMENTACIÓN PROGRAMA DE AUXILIAR DE CONVERSACIÓN NATIVO

          PROPOSTA NOVO HORARIO CURSO 2014-15

 

Polo tanto, para que a información chegue a todas as familias, organizaremos reunións ao longo de toda a semana.

A distribución será a seguinte:

          LUNS 12   ás 19:00 horas                     INFANTIL

          MARTES 13     ás 19:00 horas              1º, 2º, 3º Primaria

          MÉRCORES 14  ás 19:00 horas            4º, 5º, 6º Primaria

          XOVES 15 ás 19:00 horas                    1º, 2º, 3º ESO

 

A temática de cada reunión é a mesma, polo que as familias que teñan máis dun fillo/a poden asistir o día que prefiran.

                    Debido á importancia dos asuntos a tratar, contamos coa súa asistencia e reciban un cordial saúdo.

DÍA DO LIBRO, 23 de abril

O 23 de abril celebrouse  o DÍA DO LIBRO.

 

descarga

4º da ESO foi convidado polo concello no Auditorio Municipal á representación da compañía UT-Tópico Teatro coa súa obra «Antiheroica».

Esta obra é unha peza de creación contemporánea onde se mesturan os xéneros dramáticos: a morte, a  herdanza, a  soidade e  o  tempo son algunhas das claves universais e eternas sobre as que se constrúe esta historia.

Ao remate da función, puidemos compartir con actores e directora unha charla para coñecer mellor o seu traballo.

Teatro en Secundaria

O luns 24 de marzo, todos os alumnos de Secundaria do noso colexio, decidiron saír da rutina e visitar lugares de interese da nos aterra descoñecidos para eles ata o momento.

A pesar do gran madrugón e do día tan chuvioso que tiveron, non faltaron risas, compras e sorpresas.

O primeiro que fixeron foi acudir a ver a representación da obra “Dr. Jekyll e Mr. Hyde”, unha obra chea de misterio, fantasía, medo…, que en ocasións fixo tremer ós asistentes.

2014-03-24 10.09.45  2014-03-24 10.09.35

Logo, no descanso, desprazámonos ata o centro comercial “As Cancelas” onde puidemos disfrutar dun tempo de lecer e repoñer novas forzas para as actividades da tarde.

Para rematar o día, tomamos rumbo ó Pazo de Oca, onde todos quedaron asombrados con semellantes xardíns e tentaron resolver algunha proba dentro do Laberinto.

2014-03-24 16.09.28  2014-03-24 16.11.14

2014-03-24 16.10.32

Aínda que o tempo non acompañou dende a primeira hora da mañá, todos ou a maioría quedaron satisfeitos co que viran os seus ollos. Ó fin e ó cabo, saír do colexio a coñecer novos lugares non ven nada mal.

Festival da Canción Misioneira

Ao igual que en anos anteriores, o Coro do Colexio participou no XXIII Festival da Canción Misioneira, que tivo lugar o sábado 22 de Marzo no Colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras.

Xunto con outros coros da provincia, os nosos alumnos presentaron a súa actuación “Color esperanza” de Diego Torres, que acadou grandes vítores entre os asistentes.

2014-03-22 17.48.07

 

NÓS+OUTROS a diversidade enriquécenos

O Concello de Ribeira a través do seu departamento de Servizos Sociais, ofreceunos a posibilidade de participar nunha actividade moi interesante. Así, o grupo de 3º de ESO, puido coñecer aspectos como a realidade social do noso contorno máis próximo,  recibir información sobre o papel e as función dos servizos sociais, ou mesmo nos explicaron como previr actitudes ou comportamentos segregacionistas.

 

DSC_0955   DSC_0957

 

A través de xogos coma os globos da diversidade ou as lousas, o pedagogo Santi Páramo axudounos a entender mellor como debe ser unha sociedade xusta construída entre todos.

DSC_0960DSC_0965

 

DSC_0970  DSC_0971

 

 

 

DSC_0975

Rematamos a mañá cun sorriso así de grande, pintado por nós.

Grazas  Santi por vir!!!

AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS

A Consellería de Educación  acaba de anunciar no DOG do 27 de marzo, as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras e que van dirixidas a alumnos que cursan actualmente algún curso da ESO ou Bacharelato.

Os solicitantes ademais, deberán ter superadas todas as materias no curso 2012/13 e unha nota mínima de ben ou 6 na área de lingua inglesa.

Poden descargar o DOG neste enlace ou o cartel informativo.

CARTEL AXUDAS

 

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.