DÍA DO LIBRO

O pasado sábado celebrouse o Día do Libro.

O alumnado de Educación Infantil adentouse no mundo dos contos desfrutando do apadriñamento lector dos alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria, mentres que o alumnado da ESO preparou unha exposición para celebrar esta data e como mostra expuxeron os traballos feitos durante o Plan Lector.

1º de ESO presentou “ A caixa das estrelas” baseada na novela de Ricardo Gómez, O cazador de estrelas e os murais do Chamádeme Simbad de Francisco Castro.

Os lapbooks e muráis de 2º e 3º da ESO baseáronse nas lecturas Cartas de Inverno de Agustín Fernández Paz e Un loto na neve, de Gonzalo Moure.

Amosaron aos compañeiros tamén os traballos do PROXECTO ANTROIDO realizado por 1º e 2º da ESO.

A lectura achéganos a un mundo de coñecementos, enriquécenos como persoas e forma parte xa das nosas vidas.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.