Os nenos de Infantil disfrutaron ó longo da semana dunha clase decorada de cabazas, cada cal máis artística, feitas coa axuda das familias, e na clase.
Foi unha semana divertida cargada de creatividade.
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
De conformidade co establecido na Resolución do 26 de setembro do 2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e da Dirección Xeral de Recursos Humanos (DOG do 4 de outubro), realizarase próximamente neste centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do prodedemento de elección dos novos membros do consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto o día 4 de novembro ás 15:00 horas, e integrada por:
– O Director ou directora do Centro
– Un representante da titularidade
– Un profesor ou profesora
– Un pai ou nai ou titor legal.
– Un alumno da ESO
– Un representante do PAS.
Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece a Orde do 28 de agosto de 1996 (DOG 26/9/1996), art. 7º. Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 3, xoves ás 11:15 horas.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que próximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.
Lembramos que o vindeiro 31 de outubro (día do ensino) e o 1 de novembro, non serán lectivos.
Ao longo deste curso, varias clases ímonos ir introducindo nas dinámicas e estruturas da Aprendizaxe Cooperativa. En colaboración coa Universidade de Vic, desenrolaremos unha serie de actividades para aprender a traballar en equipo dunha forma máis dinámica e inclusiva.
Aínda que xa levamos varias traballadas, os alumnos de 4º de Primaria, quixemos dar boa nota dunha das que máis nos gustou. Chámase “A Maleta”.
Cada un de nós trouxemos unha maleta cos tres obxectos que mellor nos representan. Algúns trouxeron bonecos, libros, balóns,… e outros sorprendéronnos con obxectos tan abraiantes coma un dron ou uns bongós. Foi unha experiencia única, que nos permitiu coñecernos en profundidade, interrelacionarnos e perder a vergoña a falar en público.
Dende comezos de curso, os alumnos de 2º de ESO estivemos traballando, dentro da materia de Xeografía e Historia, a evolución de Roma; dende a súa formación como Monarquía ata converterse no gran Imperio que conquistou todo o Mediterráneo occidental.
Para pechar esta unidade, fomos elaborando en parellas uns “lapbooks” que nos permiten concretar os contidos traballados.
Achegádevos ao corredor da ESO e disfrutade deles!
Hoxe , 24 de Outubro, celébrase o Día da Biblioteca. Con este motivo levouse a cabo un rincón de lectura ó lado do mural do Plan Lector. Os distintos cursos acudiron a ler, tanto no tempo de recreo coma nas diferentes clases.
En Secundaria, traballamos a importancia da lectura reflexionando sobre a célebre frase de Jacques Bénigne Bossuet, clérigo e intelectual francés do s. XVII:
«En Egipto, se llamaba a las bibliotecas, el tesoro de los remedios del alma. En efecto, curábase en ellas de la ignorancia, la más peligrosa de las enfermedades y el origen de todas las demás».
Cada ano o 19 de outubro celebrase o Día contra o Cancro de Mama como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra o cancro de mama. A Comunidade Educativa do colexio quixo solidarizarse e ter presentes neste días a todas as mulleres que lle fan fronte a esta enfermidade e non lle teñen medo. Querémosvos lembrar que non estades soas, entre todos faremos esta loita máis levadeira.
Esta semana colaboramos coa campaña de recollida de roupa e calzado que a ONG Solidariedade Galega co pobo Saharauí vai realizar nos centros de ensino da comarca. Todos aqueles que desexen participar, poden traer ao centro as súas doazóns, que serán recollidas ata o venres 28 e que servirán para colaborar no Programa Vacacións en Paz, de acollida a nenos e nenas refuxiadas nos meses de verán.
Moitas grazas pola súa colaboración.
O pasado martes, 27 de setembro, o noso colexio celebrou o día de San Vicente de Paúl, fundador das Fillas da Caridade.
Foi un día moi importante para todos os que formamos a Comunidade Educativa da Milagrosa, xa que somos un centro vivenciano, rendémoslle unha pequena homenaxe en cada etapa educativa; dende os máis pequenos ata os maiores. Os nenos da primaria asistiron a unha celebración na capela do colexio para facer un compromiso polo cal nos Enredabamos pola xustiza…. como fixo San Vicente facendo algo polos demais (acollida, escoita, axuda, colaboración, solidariedade e empatía).
O alumnado da Eso tamen tivo unha celebración onde os eixes da mesma foron San Vicente e o valor deste ano: A Xustiza.
Os nenos de Infantil tamén tiveron presente a San Vicente, xa que el foi amigo dos nenos e rendéronlle unha homenaxe especial na capela do colexio.