Cantando por Antón Fraguas

O venres os alumn@s de 6º EP participaron nas actividades programadas polo concello na Feira da Educación.
Asistiron ao concerto didáctico do grupo de música tradicional Tanxugueiras, que  interpretaron  «Cantando por Antón Fraguas».

IMG_8449

Acto seguido fomos á inaguración da escultura que homenaxea a todas as mulleres maltratadas.

IMG_8447IMG_8451

GOYA Á MELLOR…

IMG_0451IMG_0450

No eido da Feira de Educación que se está a celebrar en Ribeira, puidemos ver a película de animación «O soño dunha noite de San Xoán». Logo disfrutamos do saber facer de Manuel Gómez, que conta con dous GOYA así coma con varios galardóns do AGAPI.
É produtor audiovisual, ensinounos como escribir un guión e como organizar unha storyboard para facer un proxecto audiovisual.
Falounos dos tipos de enfoque de cámara para representar os diferentes sentimentos das personaxes, o importante que é o traballo en grupo e falar con xente que ten os memos intereses ca ti.
Tivemos unha mañá moi produtiva.

IMG_0465IMG_0463IMG_0457

2 de abril, Día Mundial do Autismo

Reseña Autismo

Eu non vexo trastornos, dificultades nin talentos a desenvolver.

Vexo persoas. Vexo sementes.

Non sei de que especie son, nin o que agochan. Cada neno, cada nena trae dentro de si un potencial, e eu, que podo facer?

Observar e escoitar o que a semente me quere dicir. Darlle un espazo onde ela decida canta luz precisa, canta auga, canta terra, canto e como.

Ter a humildade de saber que non todas as sementes son iguais, e de non pretender que todos sexamos carballos… ou eucaliptos: Medra rápido, produce rápido, arde rápido.

Darlle a cada semente, a cada nena, cada cativo, no que todavía palpita o instinto de saber quen é, a oportunidade de decidir o que precisa para medrar, para facer brillar ante os nosos ollos o verxel que agocha no seu interior.

279b827e-f004-42b4-8e20-fc47d4c224986c3be20e-8672-4f44-b5ed-dc30068b4a2b

Falamos do Sáhara

Hoxe visitounos no colexio Ramón Martínez para contarnos as súas experiencias co pobo saharauí.

74c47433-b051-4ed9-ae8e-34de62f7d19a

Desde o ano 2000, no que  colaborou no programa de acollida Vacacións en Paz, viaxa con frecuencia aos campos de refuxiados en Arxelia. Ademais de visitar aos que xa considera membros da súa familia, participa en iniciativas solidarias, como recollida de alimentos, medicinas ou material escolar e deportivo. Acaba de regresar hai uns días de correr o Sahara Marathon e aos alumnos de 5º e 6º de EP e 1º e 2º da ESO pareceunos moi interesante que nolo viñera contar.

IMG_8209IMG_8208

Moitas grazas pola visita e parabéns pola túa solidariedade!

Roteiro fin de trimestre en Secundaria

Rematamos o 2º trimestre, e os Departamentos de Educación Física e Historia, organizaron unha saída pola contorna para o alumnado da ESO.

PHOTO-2019-04-03-18-00-50 (1)

O venres 29 de marzo, saímos do cole pola mañá seguindo a ruta do río Artes, acompañados por un grupo de mestres, para desfrutar dun roteiro pola natureza. A seguir, subimos ao monte da Cidá, paramos no miradoiro da Pedra da Rá, dende onde vimos o outro lado da ría, e as illas de Sálvora, Ons e Cíes.

PHOTO-2019-04-03-18-00-51IMG_8180

PHOTO-2019-04-03-18-00-50

Subimos ata o Castro da Cidá, onde se atopan os restos arqueolóxicos dun poboado castrexo, escavados recentemente.

IMG_8179PHOTO-2019-04-03-18-00-49

Preto do Vilar escollemos un lugar tranquilo para o xantar e regresamos pola tarde polo Parque Natural das Lagoas de Carregal e Vixán.

PHOTO-2019-04-03-18-00-49 (1)

Que ben se pasa aprendendo da natureza, compartindo cos compañeiros e coñecendo as paraxes máis belas da nosa comarca!

92e10a2d-4271-4108-825d-ef1fc8777c6a

Temos que repetir!

AVISO SAÍDA ESO

Estimadas familias da ESO:

Vémonos na obriga de mudar o itinerario da saída prevista para esta mañá polos Chans da Barbanza, por mor dun incendio preto da zona.
Sairemos do colexio cara o Castro da Cidá, camiñando dende o centro polo roteiro do río Artes.
O horario de saída e regreso mantense do mesmo xeito: chegarán ás 17:30 como de costume.

Deporte intercentros

4

O pasado día 27 de marzo o noso alumnado tivo a segunda xornada de deporte escolar no polideportivo municipal de Palmeira, onde desfrutaron de diferentes deportes xuntos cos compañeiros e compañeiras do colexio O Grupo. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física, que serviu tamén para coñecer a nenos e nenas doutro colexio, así como promover os valores do deporte como respecto, igualdade e compañeirismo.

321

Día do Pai

IMG-20190325-WA0009

 

Si algo se te rompe,

tú lo puedes llamar.IMG-20190315-WA0001

Mi papá lee cuentos

y sabe cocinar.

¿Seré futbolista?

¿Seré capitán?

Lo que yo quiero ser

es como mi papá.IMG-20190325-WA0011

¡FELIZ DÍA PAPÁ!

IMG-20190327-WA0002IMG-20190327-WA0001IMG-20190327-WA0000IMG-20190327-WA0003

 

 

Día da Poesía

IMG_8159IMG_8156

«A poesía non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, cursi, nin difícil. 

Para que serve a poesía? Para cantar, para berrar, para recitar, para rapear, para susurrar, para vivir intensamente, para musicar, para rebelarse contra o mundo, para falarlle a alguén ao oído suavemente.

A poesía permíteche recoñecer cousas que non hai outro xeito de expresalas. Ofréceche esa forza rebelde da súa lectura. Así que xa sabes: poetízate»

Fran Alonso.

IMG_8165IMG_8158

3º e 4º  de ESO celebramos o Día da Poesía coa lectura da obra de diferentes autores e seleccionando os poemas que máis nos gustaron. Lemos en voz alta, compartimos cos compañeiros, escribimos e debuxamos e finalmente deixamos no corredor algunhas das mostras máis significativas do noso traballo.

IMG_8164IMG_8160

 

 

 

 

 

 

Agardamos que vos preste!