Como vén sendo habitual  ao rematar o trimestre a Comunidade Educatica celebra o Nadal en familia.
Durante dous días os alumnos amosan as súas creacións artísticas  para deleite de pais, avós e mestres.

IMG-20200115-WA0007 (1)
O broche final foi a Eucaristía da Familia na que  se contou cun gran número de asistentes , contando coa participación do alumnado de diferentes etapas.
Os alumnos de E.I.  iluminaron o altar ao inicio da celebración co anuncio da Estrela de Belén e as nais ofreceron a inocencia dos máis pequenos como símbolo do neno que nace en Belén .

IMG-20200115-WA0010IMG-20200115-WA0013

 

Para rematar os alumnos da ESO  presentáronos o Nadal como acollida e agradecemento ás familias pola súa colaboración na Campaña de recollida de alimentos.

IMG-20200116-WA0030

IMG-20200116-WA0029

IMG-20200116-WA0002

IMG-20200120-WA0002IMG-20200120-WA0004

OS PROXECTOS DE ROBÓTICA

f75bc0dc-d869-44f6-823f-9ffa3565017e

Os alumnos e alumnas de Robótica de 3º e 4º de EP xa rematamos o noso primeiro proxecto: » o coche Speedy «. E como remate de trimestre saímos ao patio para comprobar cal é o máis veloz!

20b17951-7ac5-4e15-b2e0-ae01be97339e2c054598-5109-4614-967a-a6a1351d1b71

Como desfrutamos!

Nesta semana comezamos a nosa viaxe á lúa!

O noso 2º proxecto «Misión a la Luna» consiste na construción dun vehículo robotizado (Rover) para a exploración espacial.

Vainos quedar xenial!

POTTERMANÍACOS

Aproveitando os últimos días, profundamos no coñecemento das criaturas máxicas.
Con moito esforzo e concentración, cada alumn@ foi creando o seu bowtruckle e aprendendo un pouco máis sobre este gardián dos bosques.
IMG_20191217_110206IMG_20191217_110212

Os bolechas van a Ribeira

A pasada semana tivemos unha visita especial. Loli Crujeiras, directora do CIM de Ribeira presentounos un novo libro dos Bolechas: Os Bolechas van a Ribeira. Nel, Uxía, Carlos, Loli… visitan os lugares máis emblemáticos do Concello: a pedra da Ra, as Dunas, o Dolmen de Axeitos…

IMG_20191217_070419

A través desta visita os Bolechas fomentan nos máis pequenos a igualdade e traballan a violencia de xénero e a liberdade sexual.
Os alumnos de 6°de Infantil e 1° de Primaria desfrutaron do conto e participaron nos enigmas que Loli lles propoñía.

IMG_20191217_070605IMG_20191213_102820

Grazas a Loli e ao CIM.

Saída a Pontevedra 

 Os alumnos/as de 1° e 2° da ESO asistiron a unha obra de teatro: R2D2 y El Caballero de la Triste Figura, onde puideron coñecer de maneira lúdica a obra cervantina.

IMG_20191120_113649_071_3

Despois realizaron un roteiro pola cidade seguindo as pegadas de Castelao, e finalizaron a viaxe visitando o Museo de Pontevedra.

IMG_20191120_094742_168IMG_20191120_160001_780

Foi unha experiencia moi enriquecedora.

ROMPENDO CADEAS!

IMG_20191114_170354

 Ao longo do mes estivemos traballando a importancia da igualdade entre homes e mulleres.
A través da escenografía dunha canción e o visionado de diferentes entrevistas, aprendemos o significado da loita contra a violencia de xénero.
IMG_20191120_093421IMG_20191120_093419
Dentro da nosa aula, temos unha parede chea de curuxas que foron portadoras de nomes de mulleres.
 Como remate final, construímos unha cadea chea de mensaxes de apoio para todos os que se atopan nunha situación tan dura.
IMG_20191210_113235

Seguimos formándonos: XV Xornada de Normalización Lingüística

Image-1
O 29 de novembro as profesoras de Lingua e literatura galega de Secundaria  asistimos ao curso: «XV Xornada de Normalización Lingüística» onde afondamos na figura de Carvalho Calero, autor ao que se adican  as Letras Galegas no vindeiro 17 de maio. Asemade, puidemos desfrutar das experiencias levadas a cabo por outros centros e institucións, coma o Servizo de Normalización Lingüística da USC, para dinamizar o uso da nosa lingua, e achegar ao profesorado e alumnado as novidades nas  ferramentas coma o bUSCatermos ( banco de terminoloxía multilingüe) ou o Digalego ( un dicionario con múltiples recursos).  Nas xornadas tamén asistimos á entrega de premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas do fomento do galego e a mostra ganadora do XI Premio Innovación Antonio Fraguas. En resumo, foi unha xornada onde a protagonista foi a nosa lingua nai: o galego.
IMG_0734 (1)

 

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.