Aprendizaje adaptativo e interactivo que complementa o desenvolvemento do alumno.

O pasado martes celebramos o día de San Vicente de Paúl, foi un día grande, cheo de ledicia. Foi unha xornada diferente onde vivimos moitas emocións. Na visita á capela abrimos os nosos corazóns á súa mensaxe, adicándolle cada oración e cada canción a esa persoa que nos ensinou que a forza do amor e a súa creatividade fan posible que construamos sonos de PAZ coma el fixo no seu tempo.
E na hora do recreo todos os alumnos e mestres do colexio compartimos un delicioso chocolate con churros, xogos e risas. Foi unha xornada diferente que nos fixo abandonar, por uns momentos, a rutina dos deberes e as programacións.
PARABÉNS SAN VICENTE!!

A continuación pode consultar información relativa á Escola Municipal de Música de Ribeira.
O rostro dos nenos e nenas de 6º de infantil resplandecían de ledicia, a alegría palpitaba no ambiente e unha mestura de emocións latexaban dentro de cada un dos que tivemos a oportunidade de compartir con eles esta formidable xornada: A SÚA GRADUACIÓN.
Remata a súa andaina pola etapa de infantil e desexamos con gozo que abracen a primaria coas mesmas ilusións, forzas e inquietudes. Que inicien un novo camiño cheo de aventuras onde nunca deixen de soñar.
NORABOA PROMOCIÓN 2019-2022!