Noticias
INFORMACIÓN FOLGA 24 OUTUBRO
De cara á xornada de Folga no ensino convocada por diferentes organizacións sindicais para o vindeiro 24 de outubro, desexo informarvos que o noso colexio permanecerá aberto como calquera outro día, no seu horario habitual, cumprindo a nosa obriga de prestar o servizo educativo.
Sería a nosa vontade desenvolver as actividades lectivas e non lectivas con normalidade, pero no caso de que isto non fose posible polo exercicio do dereito á folga por parte do persoal do centro, e polos servizos mínimos fixados pola administración galega (o director ou directora do centro e un membro do persoal de administración e servizos por centro) os alumnos que acudan ao colexio serán atendidos nas mellores condicións posibles.
A incidencia previsible da folga no noso centro, segundo a información recibida dos traballadores, pode ser escasa ou nula entre o profesorado, o que poñemos no voso coñecemento aos efectos de que poidades decidir a asistencia ou non á clase do voso fillo/a.
En canto ao resto des servizos: comedor, transporte escolar, actividades extraescolares, funcionarán coma de costume según a información que temos a día de hoxe.
Proxecto @InstaLectura
3º de ESO xa está en Twitter!
O Instante da Lectura é un proxecto que parte do Plan Lector do centro, e pretende achegar a literatura ás aulas dun xeito diferente. Cada semana iremos lendo textos de diversos xéneros e autores, dos que vos iremos dando conta a través de @InstaLectura.
Queremos compartir con vós cada unha das nosas seleccións, polo que se gostas de ler, síguenos xa!
FESTIVIDADE DE SAN VICENTE DE PAÚL
El pasado 27 de septiembre en nuestro centro se celebró la festividad de uno de nuestros fundadores, San Vicente. En todas las etapas educativas realizamos algo especial en este día.

INFANTIL: Los niños/as de esta etapa rezaron la oración a San Vicente. Durante la mañana visionaron una película de animación donde podían identificar los valores que San Vicente predicó y practicaba. Después colorearon un dibujo donde nos mostraba un gran corazón que simboliza la sensibilidad y el amor hacia los más pobres. La visita a la capilla, donde algunos niños realizaron algunas peticiones junto a la imagen de San Vicente, fue el punto final de la jornada.
PRIMARIA:
Celebración en la capilla.
Guión:
- Canto de entrada: Yo celebraré
- Lectura de ambientación: SAN VICENTE
“Aunque las clases ya han empezado, el día de hoy tiene un significado especial para nosotros.
Hoy celebramos el día de San Vicente, alguien que dio su vida al servicio de los demás y fue el gran amigo de los pobres.
Con esta celebración inauguramos oficialmente el nuevo curso que nos invita a ponernos en marcha, prestando atención a todo lo que nos rodea y en especial a nuestros compañeros y profesores.
Curso nuevo, compromisos nuevos.
Te presentamos nuestros pies .Con ellos queremos pisar fuerte, aprender a caminar apreciando y admirando la belleza de nuestro entorno con la mochila cargada de valores: Ternura, atención, sensibilidad, escucha, esfuerzo y acogida
Ayúdanos a vivir este curso desde la ternura, la colaboración y entrega hacia los demás como hizo San Vicente.
Pongámonos en camino recordando que entre todos el trayecto será mucho más fácil y las dificultades que surjan se afrontarán mucho mejor.
Siempre habrá alguien que te eche una mano, te ofrezca una sonrisa o te apriete con un abrazo. Alguien que te haga sentir importante en la vida.
- Lectura de la Palabra. El buen samaritano(Lc 10, 25-37)
- Reflexión de la Palabra
- Compromiso por cursos:
1º Ternura 4ºEscucha
2º Atención 5º Esfuerzo
3º Sensibilidad 6º Acogida
- Canto final: Amigo Vicente
En la etapa de la ESO asistieron a la capilla para celebrar la Eucaristía de esta festividad.
UNIFORME 2013-14
O pasado venres 27 de setembro o consello escolar do colexio LA MILAGROSA, aprobou entre outros temas o anexo do Regulamento de Réxime Interno (RRI) que regula o uniforme do centro.
Este anexo pódese consultar no seguinte enlace: Anexo RRI
Como non se publicou este anexo antes do verán, o centro será flexible naqueles cambios que son novidade este curso, por exemplo o calzado deportivo branco e non negro, pero non en cuestións que xa levan implantadas dende hai catro anos e recordadas o ano pasado. Calqueira dúbida que xurda, poden consultarnos no centro ou ben aos titores ou Equipo Directivo.
E lembren que as normas establecidas no RRI son de obrigatorio cumprimento.
HORARIO OUTUBRO-MAIO
O vindeiro martes 1 de outubro, escomezará a xornada completa , polo tanto a hora de entrada será ás 9:30 e a de saída ás 17:30. Mantense por tanto o horario do curso anterior, xa que os resultados da enquisa non foron favorables ao cambio de horario.
Os usuarios do transporte escolar deberán estar nas paradas 30 min máis tarde.
XEIRA RIANXEIRA
O pasado mércores 29 de xuño, os alumn@s de 4º de ESO realizamos por fin a nosa visita cultural a Rianxo. Comezamos no Museo do Mar, alí coñecemos de primeira man a historia da nosa ría, as embarcacións e a súa orixe, o cultivo do mexillón en batea…
Na Casa Museo Manuel Antonio achegámonos ao legado do poeta, as fotografías familiares, os seus cadernos, manuscritos dos seus poemas, revistas literarias, as pipas… E deixamos o noso DVD homenaxe ao poeta, que realizamos con moito agarimo no 1º trimestre.
Logo continuamos cunha xeira pola vila, na mesma rúa onde viviron Castelao, os irmáns Dieste ou o propio Manuel Antonio. Rematamos a nosa visita no Paseo da Ribeira e no Auditorio.
O noso agradecemento ao Concello de Rianxo e aos técnicos de turismo (Kike, Marcos e Natalia) pola súa xenerosa acollida.
UN CONVIDADO ESPECIAL
UN MAIO CULTURAL CUN CONVIDADO ESPECIAL
A tarde do 24 de maio no noso colexio foi moi intensa. En realidade foi absolutamente marabillosa. Recibimos a visita de Francisco Castro. Logo de ler os alumnos do 1º ciclo da ESO e 6º de Primaria o seu Chamádeme Simbad, e o 2º Ciclo, O segredo de Marco Polo , tivemos a sorte de que se achegara a Oleiros para compartir connosco a vitalidade da súa escrita, as razón polas que chegou á literatura, como naceron as súas novelas…
Recibímolo cun estudo de radio, Radio Náufrago, onde Miguele Pablo Tomé (4º ESO)debutaron como locutor e técnico de son respectivamente. A presentación comezou con Heroes da Resistencia de NAO, e logo o Coro do colexio, dirixido pola profe Sara, cantou o Hello, Goodbye dos Beatles.
Francisco Castro acadou o recoñecemento á súa obra con diversos premios: o Frei Martín Sarmiento por Un bosque cheo de faias e tamén por Chamádeme Simbad. O Blanco Amor de novela longa con Spam. E tamén o Premio de Novela Manuel García Barros, coa obra As palabras da néboa. O Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano con O ceo dos afogados.
Obtivo tamén premios relacionados co xornalismo e a poesía. Os seus libros xa se traducen a outras linguas.
Da súa escrita despréndese unha gran vitalidade, un inmenso amor pola lingua e pola terra. Cando o lemos percibimos os afectos, do mesmo xeito fai poesía dun momento cotián, como nos plantexa a súa fonda preocupación polos problemas da actualidade.
O autor de Xeración Perdida, In Vino Veritas, O neno Can ( escrito xunto con FinaCasalderrey)…. tamén escribe na prensa galega e na Internet. No seu blog A Canción do Náufrago atoparedes comentarios sobre a actualidade, ou o seu parecer sobre a lingua, os afectos, a fotografía, a música…… unha das súas grandes paixóns.
A súa charla foi amena e divertida, moi entrañable e cercana. Así que para unha tarde estupenda, un bonito final: asinounos a cada un de nós os libros que lemos.
Moitas grazas Francisco, por vir.
XXI CONCURSO LITERARIO
As alumnas Carmen Aliseda Ces ( 5º Ed. Primaria) e Sheila Pérez Vázquez (3º Ed. Primaria) levaron o 3º premio de prosa e poesía respectivamente no Certame Literario organizado polo Concello co gallo do día das Letras Galegas.
Parabéns
FESTA DA PALABRA 2013
Un ano máis celebramos en Secundaria a Festa da Palabra.
No Salón de Actos do colexio reunímonos os catro cursos da ESO e revisamos da man de Óscar Montero ( 3º ESO) a historia da conmemoración das Letras Galegase a vida e obra do autor homenaxeado: Roberto Vidal Bolaño. Presentou o acto Carmen Méndez (4º ESO), que deu paso a continuación á adaptación do texto de Sechu Sende “Nin en soños vou perder a miña lingua”, da que se encargaron Alberto Fernández e Carmen Cadaval (3º ESO) nunha magnífica interpretación de monicreques.
Para rematar, un grupo de alumnos de 4º presentaron os seus videos promocionais sobre a lingua: “En galego tamén se pode” e “Ti, por que falas galego?”
Estes son os enlaces nos que podedes velos:
http://www.youtube.com/watch?v=i3sNDCqroII
http://www.youtube.com/watch?v=YHaLJr_Abs0
O noso Exército das Letras foi o encargado de convidar a alumnos e profesores a unha nova edición da xa nosa tradicional Festa da Palabra.
Parabéns rapaces!




















