Autor: Administrador
Campaña Cáritas
Dende o colexio queremos aportar o noso gran de area coas persoas necesitadas que están ao noso redor. Por eso queremos facernos eco da petición que Cáritas nos fixo para colaborar con eles: precisan roupa e calzado de nenos de entre 3- a 12 anos. Dámosvos a grazas de antemán por colaborar e facervos eco de ten urxente necesidade.
A recollida farase o luns 25 e o 26 de abril.
Programa «Vacacións en Paz»
O nosos centro colabora na campaña que acaba de presentar SOGAPS (Solidariedade Galega co pobo Saharauí) para facilitar a chegada dos nenos refuxiados no deserto nas vindeiras vacacións de verán a Galicia.
Entregaremos a cada rapaz un sobre con toda a información, que poderán devolver coa aportación que desexen, aos titores, ata o luns 25 de abril.
Coa nosa achega podemos axudar a que os nenos e nenas saharauís, saian durante dous meses das duras condicións de vida no deserto. Tamén podemos informarnos sobre o programa como familias de acollida, dirixíndonos aos teléfonos que aparecen na información ou ao Departamento de Servizos Sociais do concello.
Moitas grazas pola colaboración.
LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN 2016-17
Xa se pode consultar a listaxe provisional de admisión de alumnos no apartado: ADMISIÓN DE ALUMNOS
Castelao Artista
O día das Artes galegas 2016 está adicado a Castelao.
Foi por iso, que 3º e 4º de ESO decidimos achegarnos a Pontevedra, para despois de estudar a figura do rianxeiro, poder desfrutar tamén da súa obra gráfica.
No Museo Provincial, onde está aberta ao público a exposición «Castelao Artista», uns guías comentaron e explicaron os debuxos, caricaturas, óleos… que o polifacético autor ten alí expostos.
E xa na rúa, desde o departamento de Normalización Lingüística do concello de Pontevedra, realizamos un percorrido polas rúas da zona vella, onde vimos os cruceiros, prazas, escudos e lugares relacionados coa obra de Daniel Castelao.
Foi un día fermoso, no que a chuvia nos acompañou ata que voltamos á casa.
A horta de Infantil
Música en vivo
Este venres, os alumnos de 4º de Primaria recibimos unha visita moi especial que nos deixou a todos abraiados.
Noemí Otero, a nosa compañeira de 2º de ESO, deunos un pequeno concerto co seu clarinete e explicounos as peculiaridades deste instrumento.
Deste xeito, profundizamos un pouquiño máis no noso proxecto da orquestra sinfónica.
GRAZAS Noemí pola túa colaboración!
Mercadillo Solidario
O MUNDO DAS PLANTAS
Os alumn@s de 2º de E.P. traballamos o mundo das plantas dende os elementos que necesitan para poder vivir, como as súas partes.
A medida que íamos avanzando pasamos por clasificalas en aquelas que son cultivadas ou silvestres, para máis adiante ver os diferentes tipos de plantas e os seus coidados.
Rematamos a actividade coa plantación de leitugas, pementos, fresas, puerros e calabacíns na horta do colexio e que iremos coidando ao longo desta estación.
«A intelixencia aliméntase de saber cousas». Manuel Núñez Singala.
Instrucións para tomar café, a obra de relato curto de Manuel Núñez Singala, serviunos a 3º e 4º de ESO como escusa para pasar unha tarde falando de libros, literatura, lingua e costumes de noso e doutras culturas.
O profesor, sociolingüista e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, achegouse ata Oleiros e compartiu connosco reflexións sobre a diversidade, a liberdade, a empatía cos que son diferentes a nós, a autoestima dos galegos coma pobo, a importancia do amor pola lingua, a necesidade de aprender, de mellorar, de coñecer… sen necesidade de elixir.
Antes de marchar, asinounos algúns dos exemplares do seu libro, e adiantounos o título da súa nova novela: Camiños na auga.
Grazas pola visita.
Un pracer.


































