O mércores 24 participamos na mostra de teatro organizada polo concello coa obra «La mansión fantasma». Nela participaron alumn@s de educación primaria dirixidos por Francisca Varela.
Foi unha xornada lúdica e intensa onde os alumn@s sentíronse protagonistas.
Esta obra repetirase o próximo oito de xuño no festival de fin de curso.

Autor: Administrador
Letras Galegas en Infantil
Granxa Escola Kirico
Os nenos de 5º e 6º de Infantil xa fixeron a súa excursión á Granxa Escola Kirico. O programa escolleito foi “Os alimentos”.
Foi un día moi divertido desde que saímos do cole e subimos ao autobús onde todos cantamos e xogamos ata que chegamos de volta.
Na granxa había varios monitores esperándonos para presentarnos o programa do día:
- Visita aos animais (coñecelos, darlles de comer e tamén muxir á vaca Olivia).
- No invernadoiro aprendemos sobre as plantas.
- Na horta plantamos, arrincamos malas herbas e regamos.
- Fixemos un semilleiro de xirasol que trouxemos para a casa.
- Tivemos un taller de cociña onde elaboramos galletas que tamén trouxemos para a casa.
Foi un día especial e as nosas profes din que nos portamos xenial!
Concerto solidario
VIAXE A LONDRES
A festa das Letras Galegas
SORTEO TV HD 32″
O número premiado no sorteo do TV, celebrado o día 11 de maio, é o seguinte: 02129
400 ANOS CARISMA VICENCIANO
Este ano toda a comunidade educativa estamos de celebración! Pais, nais, alumnos profesores, irmás, persoal non docente, exalumnos… e todos os que formamos a familia vicenciana festexaremos o 400 aniversario do carisma vicenciano. Un carisma que deixou e segue deixando pegadas moi profundas do amor incondicional de Xesús aos necesitados a través de San Vicente ao longo destes 400 anos.
Con motivo desta gran celebración, invitámosvos a unha convivencia-Día Vicenciano no no noso colexio, o 27 de maio.
O horario será de 11:00 a 18:00h e realizaranse diversas actividades:
-
Pola mañá haberá animacións, talleres creativos e Celebración Eucarística…
-
A mediodía picnic na horta do colexio.
-
Pola tarde xogos en familia, ginkana…
-
Remataremos… cunha chocolatada!
Avisos importantes:
-
Cada un traerá a súa comida. Haberá posto de bebida, salados…
-
As alumnos/as de Educación Infantil e E. Primaria, deben ir acompañados por un familiar adulto.
O primeiro en lembrarse desta data tan sinalada para nós e así facelo público foi o Papa Francisco. Agasallando a toda a familia vicenciana coa indulxencia plenaria.
Día de Guinea Ecuatorial
Con motivo do día de Guinea Ecuatorial (18 de abril) tivemos unha celebración para os alumnos de 6º de Educación Primaria e toda a Educación Secundaria. Os nenos e as nenas de 1º da Educación Primaria puxemos o noso granciño de area e expuxémoslles aos compañeiros todas as cousiñas que aprendemos durante a elaboración do proxecto (explicación da bandeira, comida típica, escultores, flora, fauna, vivenda, costumes…) e como broche final representamos unha pequena obra de teatro.
ROBÓTICA NA FEIRA DA EDUCACIÓN
Alumnos de 3º e 4º da ESO asistiron ao taller de robótica na feira da educación (We Robots). Nunha primeira parte viron unha breve introdución á programación mediante bloques usando Scratch.
Na segunda parte programaron un coche para que obedecera as ordes asignadas coas flechas do teclado do ordenador. Usaron o programa Fritzing para proxectos baseados en Arduino.




















