En quinto curso desfrutamos dos Xogos Populares de Galicia dentro da Unidade Didáctica correspondente.
Carreiras, habilidade, cooperación e moitas risas para seguir aprendendo a través do xogo e das nosas tradicións.


A semana pasada, o alumnado de terceiro e cuarto curso rematou a Unidade Didáctica de Expresión Corporal da mellor maneira.
Desfrutaron dunha divertida clase de baile moderno chea de ritmo, enerxía e moitas ganas de pasalo ben.
Movemento, creatividade e diversión para poñer o broche final a unha xornada incrible!


Os alumn@s do 3ºciclo de primaria visitan a Cidade da Cultura de Santiago e fan un percorrido dende a invención do cine polos irmáns Lumiere, ata a inmersión do mundo virtual e todo o que iso conleva.
Tamén se adentraron no mundo da arte en Galicia, onde percibían diferentes sensacións e emocións a través de dúas cabinas nas que podían percibir o frío ou a calor das diferentes estacións.
Finalizamos a xornada coa visita á casa de Rosalía e participación nun scape room.



A LISTAXE DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PODE CONSULTARSE PRESENCIALMENTE NO CENTRO OU TELEMÁTICAMENTE NA APLICACIÓN ADMISIÓNALUMNADO (co código da solicitude se é o caso).