Os alumnos de 3° e 4° de primaria desfrutamos dunha xornada en Aventura Dakart Sanxenxo. Durante todo o día, os alumnos demostraron a súa destreza, equilibrio e boas doses de compañerismo, participando en circuítos de altura e tirolinas, minigolf e canoas, entre outras actividades.
Hoxe visitou a clase de 6º de infantil Bea ,auxiliar de clínica e mamá dun compañero de clase para falarnos do seu traballo na residencia de anciáns.Explicounos en que consiste o seu traballo e como axuda ás persoas maiores no seu día a día.
Tamèn ensinounos algúns dos instrumentos que utiliza como o fonendoscopio. Comentounos o mimo que cada residente ten no seu cuarto con toda la información necesaria para o persoal de traballo e moitas outras curiosidades deste traballo tan especial . Falounos da importancia de coidar,acompañar e tratar con agarimo aos nosos avós. Foi unha visita moi interesante onde aprendemos a valorar o traballo das persoas que coidan dos demais.
O longo deste días os alumnos das tres etapas desfrutaron coas actividades feitas polos seus compañeiros. A música e a palabra foron da man en todo momento. A representación de“A mellor sopa do mundo” fixo as delicias dos màis pequenos.
A clase da profe Sofía serviu para achegar a vida e obra de Begoña Caamaño.
A escritora Patricia Torres compartiu coa etapa da ESO o pracer e da lectura a arte de escribir.
Os alumnos do primeiro ciclo de primaria combinaron o deporte e as clases de Natural nun espazo extraordinario. Aprendemos a diferenzar os cantos dos paxaros, como fan o seus niños o como se comportan no seu entorno.Concienciar dende novos o respecto polo medio ambiente é responsabilidade de todos.
Convócanse as axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2026-2027. Dende o 19 de maio do 2026 ata o 10 de setembro do 2026 (inclusive).
Moi boa participación do noso alumnado destacando a actuación de Adrian Salgado gañando na súa categoría e clasificando para a fase provincial. Parabéns a todos!
O pasado venres o alumnado de Educación Infantil tivo a oportunidade de gozar dun día estupendo na Granxa Escola Bergando. Na granxa puideron ver e coñecer distintos animais, montar a cabalo, gozar da tirolina e desfrutar da contorna. Tamén fixeron unha pequena parada a media maña para merendar e, despois da comida, participaron en actividades e manualidades antes de regresar. Foi unha experiencia moi bonita, chea de aprendizaxes, momentos de convivencia e moita diversión.
En 2º de Primaria rematamos a Unidade Didáctica de Expresión Corporal descubrindo todo o que podemos comunicar e expresar co noso corpo. Movemento, creatividade, emocións e moita diversión para aprender xogando e expresándonos de diferentes maneiras.