Mes: septiembre 2019
Que mellor maneira de comezar o curso con ledicia, que facelo celebrando o carisma e legado de San Vicente de Paúl! Por iso, o alumnado de 1º e 2º da ESO participaron na celebración que se levou a cabo o 27 de setembro na súa honra.
Son moitas as cualidades humanas e as virtudes cristiás deste santo; entre elas, o seu gran corazón e caridade cara os máis necesitados. A súa acción é un exemplo a seguir e, ao igual que el, durante a celebración preguntáronse: Que podemos facer por eles? Como debe ser o amor para poder ser libres?.
Sensibilización sobre o cambio climático.
COOPERANDO PARA APRENDER / APRENDENDO PARA COOPERAR
Un ano máis, arrancamos cheos de entusiasmo coas dinámicas de cohesión.
Predispoñémonos para a cooperación e así, construír unha comunidade de aprendizaxe.
Dende os primeiros cursos ata os máis maiores, comezamos a formar os equipos de traballo que nos axudarán a sentar as condicións óptimas para un traballo eficaz e dinámico.
Celebración San Vicente
Como cada 27 de setembro os alumnos de 4º, 5ºe 6º dámonos cita na capela do colexio para conmemorar a figura de San Vicente de Paúl. Tomamos a súa figura como referencia á hora de levar unha vida de liberdade e servizo seguindo as súas pegadas.
Despois dunhas xornadas onde traballamos o carisma e froito do seu servizo nas aulas, puxémolo en común nun momento de convivencia e oración.
27 de septiembre celebramos la festividad de San Vicente de Paúl
9 MESES, 9 CAUSAS
Ao longo deste curso, os alumnos de 3º e 4º de Primaria, embarcarémonos nun proxecto solidario. Cada mes do ano, levarase a cabo unha campaña diferente.
Deste xeito, procuraremos concienciar aos nos@s alumn@s das diferentes problemáticas que a día de hoxe acontecen na nosa sociedade.
Comezamos o curso coa campaña do Alzheimer. A través dela, pretendemos concienciar aos nos@s alumn@s da dureza desta enfermidade, que afecta non só a quen a padece, senón a toda a familia.
Puxémonos na pel dos enfermos de Alzheimer e vivenciamos unha das primeiras tarefas que deben levar a cabo cando a enfermidade se manifesta: escribir nun post-it pequenos datos persoais.
RUMBO A HOGWARTS
A nova promoción de magos e bruxas percorreu o corredor do colexio moi ilusionada. Antes de entraren, agardábaos unha pequena sorpresa. Unha bandada de curuxas esperábaos cunha carta para cada un deles.
Dentro do sobre, un billete de tren que lles indicaba por onde atravesar o Andén 9-3/4 e unhas coordenadas para atopar o seu asento.
Unha vez acomodados, comeza o novo curso.
Trala Cerimonia de Selección, o Sombreiro Seleccionador foilles indicando se serían leais Hufflepuffs, intelixentes Ravenclaws, ambiciosos Slytherins ou valentes Gryffindors.
Os novos alumnos comezaron con afán e xa sumaron os primeiros puntos no noso marcador.
BO CURSO, RAPACES!!! 
⚡
Novas cores no patio!
Estamos felices nos primeiros días de curso!
LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS ESO
A continuación pode consultar a listaxe definitiva de libros de texto correspondente ao fondo de libros, no apartado de AXUDAS LIBROS.