Aquí vai unha pequena mostra do ben que o pasaron as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO na viaxe á neve da pasada semana. Estiveron aloxados nun albergue no pobo de Villablino e disfrutaron das pistas da estación de esquí de Leitariegos, onde coa axuda dos monitores, aprenderon a esquiar e a facer snowboard.
Mes: enero 2018
Proxecto Harry Potter
De volta das vacacións de Nadal retomamos o noso proxecto.
A medida que avanza o curso profundizamos na nosa aprendizaxe sobre o mundo máxico.
Comenzamos por parellas creando os nosos propios feitizos e continuamos coa elaboración de pócemas, as cales rexistramos por escrito nos nosos pergamiños.
A Escola Hogwarts de Maxia e Encantamento está en marcha!
SAÍDA Á NEVE
Charla Asociación A Creba
Os alumn@s de 5º e 6º de Primaria participaron nunha charla a cargo da Asociación A Creba na que abordaron o tema das enfermidades mentais.
O obxectivo é sensibilizar aos nosos alumn@s ante este tipo de enfermidades e intentar que desaparezan os prexuízos que se forman arredor delas.
Nestas enfermidades todos podemos chegar a formar parte do tratamento para a súa recuperación e como tal debemos actuar.
Nobody’s Perfect
Os rapaces da EP e da ESO fomos ver a obra de teatro Nobody´s Perfect. Puidemos practicar os nosos coñecementos de inglés.
5º e 6º de primaria fixeron unha visita á catedral de Santiago antes de asistir á obra.
Logo de rematar a función fomos comer. Pola tarde 5º e 6º visitou o Museo de Ciencias, 1º e 2º de ESO fixo unha actividade guiada polo Museo do Pobo Galego e 3º e 4º de ESO fomos á Cidade da Cultura, onde nos explicaron toda a obra arquitectónica.
Aproveitamos moi ben o día.