O alumnado de 5º de Educación Infantil estamos a traballar os castelos e os bufóns, caracterizados por facer malabares. Os compañeiros e compañeiras de 3º da ESO axudáronnos a practicalos. Pasámolo moi ben!

O alumnado de sexto de Primaria participa nunha proposta de actividades organizadas polo CIM coa realización de tres talleres onde abordarán temas de interese. O pasado venres os alumnos levaron a acabo o seu primeiro taller onde abordaron o ciberacoso. A dramatización, por diferentes grupos ,foi o eixe vertebrador onde se enfrentaron a diferentes conflitos coa posterior análise.

Esta semana a policía nacional visitou o noso cole para amosarnos a súa labor.O alumnado de infantil desfrutou con todo o que lle amosaron ,e sobre todo subindo ao coche onde deron renda solta á súa imaxinación.
O 3º ciclo de EP tivo unha charla sobre os perigos da internet e as redes sociais a cargo de Pilar Fernández Bandín .Os alumnos do 1º ciclo da ESO tiveron a charla sobre o acoso escolar e da importancia de colaborar activamente en solucionar este tema e non ser meros espectadores.

Os alumnos de 3º e 4º da ESO trataron o tema da prevención de drogas e alcohol e as graves consecuencias do seu consumo.


O mes de decembro estivo cargado de actividades cheas de ilusión , amor e complicidade que se apreciaba na cara dos cativos. Os corredores enchéronse de beléns que encandilaron ao alumnado, os máis creativos e artistas puideron destacar no concurso de postais así como nas diferentes actuacións no festival de música e danza ó son das panxoliñas.



Colaboramos con Cáritas na recollida de alimentos para que todos puideramos desfrutar do Nadal.
Rematamos ao son das doce badaladas que anunciaban o remate dun ano para dar paso ao seguinte.
A Eucaristía da Familia puxo o broche final ás innumerables actividades de Nadal.

A continuación compartimos o primeiro audio correspondente ao podcast escolar VOCES QUE EDUCAN. Neste episodio a profesora Dolores Oviedo e o alumno Rodrigo Fernández entrevistan a membros de Cáritas de Ribeira nos días previos ao Nadal.
Esperamos que os oíntes gocen deste primeiro episodio da radio escolar.
https://www.ivoox.com/player_es_podcast_3034085_zp_1.html?c1=418a93
Rematamos a Unidade Didáctica “Somos ximnastas” cunha actividade moi especial: a realización de figuras e pequenas pirámides en grupo. A través do traballo cooperativo, o alumnado de 5º curso puxo en práctica o equilibrio, a coordinación, a forza e a confianza nos compañeiros/as. Desfrutando así, da Educación Física dun xeito lúdico e seguro. 💪🤸♀️

