ADEUS A INFANTIL

Os alumn@s de EI despediron por todo o alto a etapa de EI e deron a benvida a etapa de primaria que está a piques de comenzar.
Parbéns aos nosos graduados emoito éxito na nova etapa .
Os alumn@s de sexto aproveitaron a ocasión para despedir primaria e aventurarse na etapa da ESO que xa os agarda.

TRABALLO LABORATORIO

Durante o 3º trimestre o alumnado de 4º de ESO da materia Física e Química practicaron puxeron en práctica os contidos da unidade didáctica correspondente aos cálculos químicos e disolucións. Neste caso podemos observar ao grupo realizando diversas disolucións a partir de produtos comerciais.

MEDIDAS E CÁLCULOS NO PATIO

Durante o 2º trimestre os alumnos de 4º da ESO aplicaron os conceptos aprendidos en trigonometría para efectuar medicións no patio do colexio, por exemplo, o cálculo da altura do polideportivo. Utilizaron como ferramenta de medición de ángulos, un clinómetro fabricado por exalumnos con materiales de refugallo.

DIVERSOS

Os alumnos de 6º de primaria participan na 2ª edición de Diversos organizada polos Servizos Sociais do Concello.
Esta iniciativa pretende conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria a través da música e creatividade dos alumnos .

RADIO VOZ

Os alumn@s do 3º ciclo de primaria participaron na clausura das actividades relacionadas co coidado do medioambiente que se foron traballando ao  longo deste curso.
Que mellor maneira de rematar que pasar un día no parque acuático na compaña dos colexios participantes.

EXPRESIÓN CORPORAL EN 5º EP

En quinto curso reforzamos a Unidade Didáctica de Expresión Corporal a través do baile moderno 💃🕺✨
O alumnado desfrutou dunha sesión chea de ritmo, coordinación, creatividade e movemento, empregando o corpo como ferramenta de expresión e comunicación 🎶🤸
Unha experiencia divertida e motivadora para seguir aprendendo a través da danza e da expresión corporal.

VISITA Á GRANXA!

O alumnado de 1º e 2º de Primaria gozou dun día na granxa cheo de aprendizaxe e diversión!
Comezamos elaborando pan, seguindo cada paso do proceso con moita ilusión , despois participamos nunha divertida gincana ao aire libre e, para rematar, fixemos unha visita aos animais, coñecendo de preto a vida no medio rural.
Un día diferente cheo de natureza, aprendizaxes e momentos compartidos.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.