S.O.S. SAHARA

 

CARTEL2
A vindeira semana imos poñer en marcha unha campaña de axuda de emerxencia en favor dos campamentos de refuxiados saharauís. Recentementente a raíz das chuvias torrenciais que caeron sobre a zona, producíronse unhas inundacións que agravan aínda máis a difícil situación na que se atopan no exilio do deserto, pois perderon as escasas pertenzas que tiñan. Os titores xa comezaron coa sensibilización do alumnado transmitíndolles a información da campaña. O vindeiro martes continuaremos con encontros e charlas cunha  mestra do noso centro, que viaxará en decembro aos campos de refuxiados. Os rapaces recibirán unha tarxeta co seu nome para colocar logo nun mural. A recadación ingresarase nunha conta aberta pola SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) a este efecto, para ser transferida á Media Luna Roja Saharaui.
Agradecemos  toda a súa colaboración.