«El hombre que abrazaba a los árboles»

No mes de decembro,  levouse a cabo unha conferencia para os alumnos de 5º de Primaria a cargo do escritor Ignacio Sanz, autor do libro «El hombre que abrazaba a los árboles».
Ós rapaces resultoulles moi interesante escoitar as vivencias e inspiracións do autor á hora de escribir o libro.
Participaron con preguntas e inquedanzas sobre o seu labor literario.
Divertíronse e aprenderon con trabalinguas e rimas de tradición oral e quedaron asombrados ante o manexo e fluidez de vocabulario do escritor.
72817727281775