TALLER DAS EMOCIÓNS

O venres 30 de xaneiro os alumnos de sexto recibiron  a última formación a cargo do CIM. Nesta sesión traballaron as emocións como parte esencial da experiencia humana, elas son as que dan sentido ao que vivimos.

Todas cumpren unha función importante nas nosas vidas,incluso aquelas que consideramos negativas.

CIBERACOSO

O alumnado de sexto de Primaria participa nunha proposta de actividades organizadas polo CIM coa realización de tres talleres onde abordarán temas de interese. O pasado venres os alumnos levaron a acabo o seu primeiro taller onde abordaron o  ciberacoso. A dramatización, por diferentes grupos ,foi o eixe vertebrador onde se enfrentaron a diferentes conflitos  coa posterior análise.

POLICÍA NACIONAL

Esta semana  a policía nacional visitou o noso cole para amosarnos  a súa labor.O alumnado de infantil desfrutou con todo o que lle amosaron ,e sobre todo subindo ao coche onde deron renda solta á súa imaxinación.

O 3º ciclo de EP tivo unha charla sobre os perigos da internet e as redes sociais a cargo de Pilar Fernández Bandín .Os alumnos do 1º ciclo da ESO tiveron a charla sobre o acoso escolar e da importancia de colaborar activamente en solucionar este tema e non ser meros espectadores.

Os alumnos de 3º e 4º da ESO trataron o tema da prevención de drogas e alcohol e as graves consecuencias do seu consumo.

DECEMBRO

O mes de decembro estivo cargado de actividades cheas de ilusión , amor e complicidade que se apreciaba na cara dos cativos. Os corredores enchéronse de beléns que encandilaron ao alumnado, os máis creativos e artistas puideron destacar no concurso de postais  así como nas diferentes actuacións no festival de música e danza ó son das panxoliñas.


Colaboramos  con Cáritas na recollida de alimentos para que todos puideramos desfrutar do Nadal.
Rematamos ao son das doce badaladas que anunciaban o remate dun ano para dar paso ao seguinte.
A Eucaristía da Familia puxo o broche final ás innumerables actividades de Nadal.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.