Os alumnos das tres etapas despediron a Elisa, a nosa auxiliar de conversación, que durante dous cursos estivo ensinando e compartindo bos momentos con todos nós.

Hoxe visitou a clase de 6º de infantil Bea ,auxiliar de clínica e mamá dun compañero de clase para falarnos do seu traballo na residencia de anciáns.Explicounos en que consiste o seu traballo e como axuda ás persoas maiores no seu día a día.
Tamèn ensinounos algúns dos instrumentos que utiliza como o fonendoscopio. Comentounos o mimo que cada residente ten no seu cuarto con toda la información necesaria para o persoal de traballo e moitas outras curiosidades deste traballo tan especial . Falounos da importancia de coidar,acompañar e tratar con agarimo aos nosos avós. Foi unha visita moi interesante onde aprendemos a valorar o traballo das persoas que coidan dos demais.
Grazas Bea ,pola túa visita e o teu traballo.


O longo deste días os alumnos das tres etapas desfrutaron coas actividades feitas polos seus compañeiros. A música e a palabra foron da man en todo momento. A representación de“A mellor sopa do mundo” fixo as delicias dos màis pequenos.
A clase da profe Sofía serviu para achegar a vida e obra de Begoña Caamaño.
A escritora Patricia Torres compartiu coa etapa da ESO o pracer e da lectura a arte de escribir.

Aberta a convocatoria de axudas, fondo e material escolar para o vindeiro curso 2026-27. Poden consultar a información na lapela AXUDAS LIBROS.
Convócanse as axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2026-2027. Dende o 19 de maio do 2026 ata o 10 de setembro do 2026 (inclusive).
Información sobre a convocatoria: