Concurso Infantil de Pintura

O pasado mercores recibíamos no colexio unha chamada especial: Iria Paz Vila era a gañadora do concurso de debuxo do Nadal convocado polo concello. O seu debuxo, » O camiño de Belén «, foi o escollido  entre os 400 presentados a concurso aberto a escolares de Infantil e Primaria de todo o concello de Ribeira.
O debuxo de Iria ilustrará a cartelería de Nadal no noso concello. Recibiu o premio de mans da concelleira de Educación e Cultura, Herminia Pouso.  Como agasallo,  un patinete e un lote de libros para a biblioteca do colexio.

unnamedunnamed (1)

Noraboa Iria!

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Grazas ao CIM pola oferta que nos fixo a 4º da ESO para poder desfrutar do espectáculo «Vestido de voda», participar no foro así coma cambiar a proposta da obra.
Todos temos algo que dicir e facer contra a violecia de xénero.
A nosa compañeira Irene participou no guión e posta en escena dunha das propostas, foi moi aplaudida.

IMG_7737

O magosto

 

Tarde de convivencia arredor dun magosto.

image1IMG_7655

 

 

 

 

 

 

 

 

Os alumn@s da ESO foron os encargados de organizar os xogos tradicionais para os alumn@s de E.I. e E.P. ; acompañaron aos máis pequenos ata a horta onde se converteron en pequenos titores por unha xornada.

Os alumn@s de 4º da E.S.O. acompañados da profe Olalla asaron e repartiron deliciosas castañas para endulzar unha boa tarde.

IMG_7649image2

 

Grazas a todos por participar e colaborar .

 

English assistant

O auxiliar de conversa este ano vén de Connecticut, EEUU. Chegou ao noso centro o 22 de outubro e estará connosco ata finalizar o curso.

Alexander, servirá de apoio  á lingua estranxeira e aquelas actividades que utilicen  esta lingua, dende a E.Infantil ata 4º da ESO; asimesmo encargarase de impartir unha hora de conversa durante a hora complementaria.

IMG_20181113_121811

IMG_20181024_122118

IMG_20181031_122602

Welcome, Alex!

Collendo o ritmo a 2º de Primaria

Os alumnos de 2º de Primaria tiveron un mes de outubro bastante atarefado, xa  estiveron adaptándose ao novo curso nun edificio novo para eles. Ademais xa empezaron a dar os primeiros pasos en facer os traballos coma os «maiores», nas diferentes celebracións.

Aquí tedes una pequena mostra:

IMG_20181031_160912IMG_20181015_090226

Halloween en Hogwarts ?  

 

DSC_0059DSC_0053
O gran comedor de Hogwarts vístese de gala para celebrar a principal festa do Mundo Máxico.
Meigas, bruxos e estudantes de maxia, puxéronse mans á obra para cociñar unha receita terrorífica… Delicias de Frankenstein!! Un auténtico manxar, só apto para os paladares máis esixentes!  ?
DSC_0056 DSC_0057
DSC_0061 DSC_0055