Illa de Sálvora 3º E.P.

O día 21 de maio os alumn@s do  3º ciclo de E.P. visitaron a Illa de Sálvora. Alí   fixeron  unha camiñata  pola illa coñecendo a súa historia ,fauna e flora da mesma.

IMG_0393

IMG_1887

CIMG0764

IMG_1878Pola tarde disfrutamos do turismo mariñeiro en Porto do Son. Visitamos o Museo Marea onde nos adentramos no mundo do mar  e nas diferentes artes mariñeiras,  rematando a nosa visita coas redeiras  onde disfrutamos das súas vivenzas e bo facer nesta  materia.

CIMG0815

Mercadillo Solidario

la foto 3 la foto 2

O próximo luns,  8  de xuño  o “ Mercadillo Solidario” abrirá as súas portas para tod@s aqueles que queiran axudar e colaborar  no proxecto   de desenrolo que temos en marcha en Guinea Ecuatorial dende hai  moitos anos.

la foto 1
Grazas á colaboración de tod@s somos capaces de facer a vida un pouco máis sinxela a aqueles que máis o necesitan.
COLABORA!

la foto 4

Saída cultural 1º ciclo de Primaria

 O pasado 14 de maio os alumnos do primeiro ciclo da Primaria gozaron dunha xornada no entorno do Parque Natural. Dende a mañá puxeron en practica tódolos seus coñecementos sobre reciclcaxe e a natureza coas diferentes actividades que desenrolaron. Así mesmo tamén coñeceron a diversidade da fauna e da flora que hai neste entorno natural a través do CIELGA. Pero non todo foi aprender, tamén tiveron o seu tempo de lecer onde todos participaron de bo grao.

Mes de maio.

20150513_111540

Este ano comezamos o mes de Maio  dende as aulas dirixíndonos a María con oracións e cancións ata o 13 de maio, cando E.P celebra na capela a festividade da Nosa Señora de Fátima.

Os alumnos de E.I. foron os primeiros en facer presente a María entre nós, cunha pequena homenaxe a María como nai.

Os encargados de pechar este mes de maio, serán os alumnos da ESO,que recordaran as actividades feitas ao longo deste mes; tendo como protagonista a María, amiga, compañeira e guía cara Deus.

Dentro do mes adicado a María tivo lugar o Triduo da Milagrosa, o cal tivo unha gran afluencia de persoas alleas e da parroquia. Isto amósanos o fervor que ten a advocación da Milagrosa ten entre nós.

20150513_11085920150513_105926

AVISO HORARIO XUÑO

O vindeiro luns 1 de xuño, escomezará a xornada única de mañá, polo tanto a hora de entrada será ás 9:00 e a de saída ás 13:50 (os que solicitaron servizo de comedor sairán na hora acordada).
Os usuarios de transporte escolar deberán estar nas paradas 30 min antes do habitual.

Máis alá! con 4º de ESO

Hoxe espertamos inquedos, pois iamos visitar un pobo veciño. Queriamos coñecer o fogar onde naceron e viviron  grandes poetas e narradores da literatura galega: Manuel Antonio, Dieste e Castelao. Descubrimos o museo do Mar, a gran vida pesqueira e a forte acción cultural da vila de Rianxo.

20150527_103016

20150527_121727

Tras dun relaxing lunch in Paseo da Ribeira, despois de coñecer mellor a nosa terra e o mundo do mar, voltamos a Oleiros.  Convidáronnos ás festas da Guadalupe e fomos quen de cantar «a rianxeira» sen trabucarnos. Un exitazo.

IMG-20150527-WA0002

 

Aprendendo… dos pinguíns!

1427364213828

1426780543781

Os nenos e nenas de Infantil quixemos aprender  sobre os pingüins, e descubrimos cousas tan curiosas como que son aves pero non voan, senón que nadan…aprendemos como que viven no Polo Sur, e moitas cousas máis.

1426667589640

1426667668246

Foi divertido coa colaboración dos pais e da profe.

1427365001289

1427198884218

Fixemos un gran mural na clase.

Tamén o noso particular pingüin, un libro. E pasámolo moi ben cos videos, documentais, contos, cancións,…

1426780505661

1426754904241

Falando… das Letras

Ó longo desta semana e ata finalizar o mes de maio, estamos a traballar en diferentes aspectos da nosa cultura. Por isto unha vez máis, no » maio cultural «, os grupos de 3º e 4º da ESO desplazámonos a Ribeira para ver o espectáculo que para os centros de ensino preparou Serafín Marcos: «Falando con Filgueira Valverde» .

p20-f51

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.