A semana pasada os rapaces da ESO participamos nun traballo de investigación chamado «Medida de presión arterial en adolescentes: educación sobre factores de riesgo cardiovasculares» coa «Sociedad Española de Farmacéuticos Comunitarios» (SEFAC).
Ademais do valor da presión arterial en adolescentes, para facer o estudo anotaron o sexo, idade, peso e talla dos participantes e pasaron unha pequeña enquisa sobre os hábitos de alimentación e actividade física ademais de darnos un consellos sobre hábitos de vida saudable.
O obxectivo desta investigación é contribuir á mellora da educación para a saúde dos adolescentes no ámbito do sobrepeso e o risco cardiovascular.
Foi algo diferente xa que á maioría de nós nunca nos tomaran a tensión.
Rumbo ás Indias
Fai uns días, e con motivo do aniversario do Descubrimento de América, os alumn@s de 4º de Primaria demos comezo a un novo proxecto que pretende axudarnos a coñecer a figura de Cristóbal Colón.
Dende os seus inicios como comerciante, pasando pola decisión de emprender un viaxe ás Indias pola ruta do oeste, ata o seu encontro cos Reis Católicos… Serán puntos clave no noso Libro de Colón que finalizará no mes de xuño.
Nestas primeiras sesións, presentamos a figura de Colón e a dos Reis Católicos, personaxes clave nesta hisotira; e comezamos a deseñar a ruta de viaxe.
Boa travesía, navegantes!
Ciencia e muller
“A Señora Anxos Alvariño. Oceanógrafa mundial”
Hoxe o Centro de Información á Muller do Concello de Ribeira puxo en marcha un programa de coeducación ao cal asistimos os nenos e as nenas de 2º de primaria.
Consistíu nun contacontos e obradoiro de debuxo que xiraba arredor da científica galega, Anxos Alvariño, figura da oceanografía mundial, descubridora de especies e muller pioneira no mundo da ciencia e da investigación.
O obxectivo desta xornada era divulgar e poñer en valor aspectos da vida e obra desta científica galega, dende un punto de vista lúdico e apto para todos os públicos. Desenvolver a comprensión oral en galego das nenas e dos nenos na parte da narración oral e na posta en común, así como potenciar a creatividade artística e tamén a autoestima e personalidade na parte do obradoiro.
24 de outubro: Día das Bibliotecas
A biblioteca vén ás nosas aulas
Botando unha ollada atrás…
Parece imposible, pero sin darnos conta xa ai aló un mes daquel primeiro día de clase.
Moitos atopábanse inquedos, outros adurmiñados, pero todas as súas caras amosaban un ápice de ilusión por aquel curso que estaba a piques de comezar.
Estas imaxes permítennos rememorar un primeiro día cheo de esperanzas e de propósitos que esperamos se vexan cumplidos en cada un dos nosos alumnos.








19 de outubro
Taller «Creative cuisine»
WELCOME STACIE!!
A Escola Creativa que Queremos
As historias son unha fonte inesgotable de imaxinación e creatividade, que permite ao neno abrir a súa mente a paraxes e aventuras insospeitadas. Por esta razón, cada titora buscou un conto que decorase a súa porta e que invitase aos seus alumn@s a formar parte dun entorno de creatividade e cooperación.
Deste xeito, as nosas portas e corredores, convertéronse nesas páxinas vivas que queren facer da lectura un placer para @s nen@s.
Ao longo deste ano, pretenderemos favorecer ese clima de orixinalidade e innovación que permita aos alumnos afrontar riscos e ser quen de innovar ante as dificultades que se presenten.
Para iso, contamos coa colaboración de todo profesorado, que dende as distintas materias e enfoques irá implicando o conto correspondente no noso día a día, e axudándonos a velo con outros ollos.












































