Aprendendo… dos pinguíns!

1427364213828

1426780543781

Os nenos e nenas de Infantil quixemos aprender  sobre os pingüins, e descubrimos cousas tan curiosas como que son aves pero non voan, senón que nadan…aprendemos como que viven no Polo Sur, e moitas cousas máis.

1426667589640

1426667668246

Foi divertido coa colaboración dos pais e da profe.

1427365001289

1427198884218

Fixemos un gran mural na clase.

Tamén o noso particular pingüin, un libro. E pasámolo moi ben cos videos, documentais, contos, cancións,…

1426780505661

1426754904241

Falando… das Letras

Ó longo desta semana e ata finalizar o mes de maio, estamos a traballar en diferentes aspectos da nosa cultura. Por isto unha vez máis, no » maio cultural «, os grupos de 3º e 4º da ESO desplazámonos a Ribeira para ver o espectáculo que para os centros de ensino preparou Serafín Marcos: «Falando con Filgueira Valverde» .

p20-f51

TARRAGONA-SALOU-BARCELONA 3º 4º ESO

PRIMEIRO DÍA:

Despois dunha agotadora  viaxe en autobús e de repoñer forzas no hotel fixemos a visita á cidade de Tarragona. Alí disfrutamos das pegadas que deixaron os romanos na antiga Tarraco.

foto1Tarragona

foto2 Tarragona

SEGUNDO DÍA:

Cun bo madrugón, puxemos rumbo á cidade de Barcelona. Cunha primeira parada nas Cavas de Freixenet, aprendemos as técnicas para lograr un bo viño espumoso. A bordo do tren, percorremos as infraestruturas novas de produción. Tras un cata de mosto, e un pequeno descanso, dirixímonos  ao Aquarium. Nunha rápida visita, mergullámonos nas profundidades dos diferentes océanos, disfrutando especialmente do tanque dos pingüinos. A bo paso, rodeamos o Monumento de Colón e subimos polas Ramblas para facer unha parada técnica no Hard Rock Café. A bordo do autobús, percorremos os principais puntos emblemáticos da cidade, prestando especial interese á Sagrada Familia e a Montjuic.

foto4 Freixenet

foto3Freixenet

foto5 Sagrada Familia

025f248a7906005b23691047ce3dad76 (1)

TERCEIRO DÍA:

Foi a xornada máis esperada estivemos en… Port Aventura.  Disfrutamos do Furius Baco, Stampida, Dragon Khan,  Shambhala… e eliximos algunha actuación para ver, coma o Aloha Tahití ou o Bubblebon. Hai 20 anos que abreu as súa portas e están de celebración. Pecha cada día cun desfile no que participan todos os bailaríns do parque e as personaxes de debuxos animados cos que podes sacar fotos durante todo o día.

Ao chegar ao hotel démonos un chapuzón na piscina e logo da cea disfrutamos da discoteca do hotel ata a unha da mañá.

foto6 Port Aventura

CUARTO DÍA:

Neste día percorremos a desembocadura do Ebro nun catamarán. Ollamos as diferentes paisaxes ao longo do río. Puidemos apreciar as dúas illas formadas logo das crecidas: a Illa de Buda e a Illa de San Antonio. Xa a pé, visitámolo miradoiro que nos permitiu ver dunha ollada todo o Delta.

A tarde transcorreu chea de diversas actividades que puxeron a proba o espírito aventureiro dos nosos alumnos: rutas de quad, tirolina, escalada, tiro con arco… foron a guinda final para a nosa viaxe de estudos

foto9 Multiaventura

 foto8 Multiaventura

 foto7 Ebro

Quinto día:

Saímos moi cedo, logo de almorzar cara o «Monasterio de Piedra». Alí puidemos disfrutar do mosteiro coma do parque natural que o rodea, que nos deixou abraiados coa súa beleza.

foto10 Monasterio

Chegamos ao cole xa de madrugada, moi cansos pero coa maleta chea de vivencias.

Obradoiro en 6º de Primaria

O día 17 de abril unha voluntaria do BBA levou a cabo a segunda xornada sobre a importancia do aforro co alumnado de 6º de Educación Primaria.

DSCN0320DSCN0316

Foi un obradoiro moi participativo onde os rapaces deron conta dos seus aforros e como se poderían administrar para tratar de mellorar a súa xestión.

Paula Carballeira en 4º de Primaria.

A escritora, actriz e contacontos Paula Carballeira, achegouse ó cole o pasado luns. Falounos do seu libro «Casas» e contounos que se lle ocorreu cando andou viaxando polo mundo adiante e vendo todo tipo de vivendas.

1

2

 

 

 

 

Rematou cun relato de humor e misterio arrepiante, pero que nos  divertiu moitísimo.

Foi xenial!

«Robin Hood»

O venres 10 de abril os nos@s alumn@s do 1º e 2º ciclo da Primaria visitaron a cidade de Vigo para asistir a unha representación teatral en inglés : «Robin Hood».

6301669

 Os actores e os xóvenes espectadores interactuaron durante todo o espectáculo, ben formando parte do elenco de actores ou ben coreando as cancións da peza teatral.

6301661

6301663Tanto disfrutaron da obra que tiveron un comportamento excepcional, polo que os mestr@s que asistimos con eles estamos agradecidos por este saber estar  dos nosos alumn@s. Grazas, rapaces.

Internet e os seus riscos

Na mañá de onte, puidemos asistir á charla impartida por axentes da comisaría da  Policía Nacional de Ribeira. O tema era moi importante, xa que as novas tecnoloxías ademais de seren unha boa ferramenta para coñecer e aprender, tamén hai que saber usalas. Ademais de explicarnos os perigos que podemos atopar pola rede, resolvéronnos todas as nosas dúbidas. Moitas grazas por vir!

DSCN0291

DSCN0287

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.