Presentamos Party Crats, unha actividade nova na que xa se empezan a ver os resultados. Nela os nosos alumnos e alumnas desenrolan a creatividade, creando coas súas mans.
Traballar con goma eva e co ganchillo é moi divertido!
Moitísimas grazas a todos os que colaborastes na campaña de axuda ao pobo saharauí tralas recentes inundacións nos campos de refuxiados.
Á comunidade educativa, mestres e alumnos, parabéns pola celeridade en atender esta chamada de urxencia. A Media Luna Saharaui xa ten ao seu dispor a colaboración do colexio A Milagrosa, e continúa no seu labor de asistencia á poboación afectada. En nome de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) e de todo o pobo saharauí: SHUKRAN!
Dende hai unhas semanas comezamos o taller de informática para os máis pequenos do colexio: “Cibermáticos” ,onde pretendemos que os nosos alumnos vexan os ordenadores como unha ferramenta de aprendizaxe e non só de entremento.Ademais queremos que desenrolen a súa competencia dixital dentro das Tic´s,que é tan precisa nesta sociedade da información na que vivimos.
|
A vindeira semana imos poñer en marcha unha campaña de axuda de emerxencia en favor dos campamentos de refuxiados saharauís. Recentementente a raíz das chuvias torrenciais que caeron sobre a zona, producíronse unhas inundacións que agravan aínda máis a difícil situación na que se atopan no exilio do deserto, pois perderon as escasas pertenzas que tiñan. Os titores xa comezaron coa sensibilización do alumnado transmitíndolles a información da campaña. O vindeiro martes continuaremos con encontros e charlas cunha mestra do noso centro, que viaxará en decembro aos campos de refuxiados. Os rapaces recibirán unha tarxeta co seu nome para colocar logo nun mural. A recadación ingresarase nunha conta aberta pola SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) a este efecto, para ser transferida á Media Luna Roja Saharaui.
Agradecemos toda a súa colaboración.
|
Lembramos que o vindeiro 30 de outubro (día do ensino) e o 2 de novembro, non serán lectivos.
Estamos no Samaín, e os alumnos e alumnas de 4º de ESO quixemos preparar unha sorpresa para os máis pequenos. Unha sorpresa que mete medo!!!
Decidimos ler e dramatizar «Cabeza de Cabaza» de Frank L. Baum nunha adaptación preparada pola nosa mestra de galego. Todos e todas participamos dalgún xeito, como narradores, actores e actrices, extras, técnicos de son e animación…en fin… o resultado non puido ser mellor e os pequenos de Infantil e 1º e 2º ciclo de Primaria quedaron encantados…do susto!
Aquí vos deixamos unha mostra do que foi a mañá de onte.
Coa chegada do Samaín , dende o taller de Creative Cuisene quixemos adicarlle esta semana as nosas receitas a esta ancestral celebración. @s cociñeir@s do primeiro ciclo fixeron unhas receitas máis doces e os chefs do segundo ciclo decantáronse por algo máis salgado. Aquí tedes unha pequena mostra dos seus pratos.