
A toda a comunidade educativa:
despois dun curso que xa remata, chega o tempo de descanso e de lecer, polo que vos desexamos que teñades un moi feliz verán!

A toda a comunidade educativa:
despois dun curso que xa remata, chega o tempo de descanso e de lecer, polo que vos desexamos que teñades un moi feliz verán!
Informamos que o luns 27 de xuño ás 17:00 horas, terá lugar a reunión informativa coas familias dos alumnos de novo ingreso para formalizar matrícula para o curso 2016-17.
Aquelas familias que non poidan asistir, pódense poñer en contacto co centro, e proceder á formalización en outro horario.
Como ven sendo habitual, damos peche ás actividades deste ano co Festival de Fin de Curso. Pero este ano, introducindo unha pequena novidade: dous días de festival.
Nunha primeira sesión, o día 3 de xuño celebramos o primeiro dos nosos festivais. Polo noso escenario foron pasando un variado número de actividades. Dende as actuacións de Teatro, ata as de Coro, Coreografía, Instrumento, e mesmo unha entrega de agasallos para os membros de Cociña Creativa.
Este amplo número de actuacións, espertou o aplauso do público asistente, que incluso acadou que algún se animase a cantar ou bailar ao ritmo das pezas que ían soando.
Nunha segunda sesión, o día 10 de xuño, tivo lugar o segundo dos nosos festivais. Dende os máis pequerrechos do cole, ata os máis maiores; fóronse subindo ao palco para presentar a súa actuación.
A través de cancións, bailes, entrega de diplomas e discurso, a tarde foi transcurrindo entre risas e aplausos, que foron convertendo aos nosos nenos en auténticas estrelas por un día
Antes de rematar o novo curso, quixémonos reunir cos rapaces de Coro para facerlle entrega dun pequeno agasallo que lle fixese lembrar a súa estancia no grupo.
Cada un deles, recibiu un pequeno chaveiro dunha clave de sol, para que dunha forma simbólica, a música sempre os acompañe no seu día a día.
A pesar de que é un grupo reducido, dou gusto velos traballar en equipo e colaborar os uns cos outros. Ata o ano, rapaces!
Dende que deu comezo o mes de xuño, as clases de Música de 2º de E.S.O. tomaron un xiro diferente.
Cada semana, a ritmo de zumba, ou de ballet galego, enfrascámonos no coñecemento e na prácticas de diferentes tipos de danzas.
Grazas á colaboración da profesora Sara Fernández (membro do grupo de ballet galego Aires de Dorna), os alumnos disfrutaron dunhas xornadas diferentes e únicas.
O 27 de maio, os alumnos de 3º e 4º de Primaria finalizaron o seu proxecto sobre Cristóbal Colón cunha saída a Baiona.
Alí, puideron coñecer de primeira man a recreación da carabela na que viaxou Martín Alonso Pinzón de volta a España, e as dificultades que xurdiron no seu regreso.
Ao chegar ao Museo da Navegación, continuamos afondando nas vicisitudes que aconteceron durante o descubrimento, e a importancia de Baiona no mesmo.
Á hora do xantar, acompañounos o bo tempo e disfrutamos da paisaxe de Baiona dende o mirador da Virxe da Rocha.
Antes de voltar á casa, fixemos unha pequena andaina arredor da Fortaleza de Monte Boi. Foi unha gran experiencia!
Chegamos ao final dun novo curso, e toca facer balance do traballado ao longo de todo este ano.
Botamos unha ollada atrás e presentámosvos algún dos traballos que os nosos nenos foron realizando na actividade de Party Craft.
O noso lapis As boliñas de ganchillo
Agasallo do día da Nai
Estrela de ganchillo Un Minion lapiseiro
PRIMEIRO DÍA:
Despois dunha agotadora viaxe en autobús e de repoñer forzas no hotel, visitamos o Museo do Prado. Alí disfrutamos dos cadros de Velázquez e contemplamos algunha pintura do Greco e de Rubens.
Logo fixemos unha visita panorámica polo Madrid dos Austrias, rematámola cunha camiñata, xa que se xogaba a semifinal da Champions League entre o Manchester City e o Real Madrid e estaba imposible o tráfico. Rematamos ceando no Hard Rock Café.
SEGUNDO DÍA:
Foi a xornada máis esperada estivemos no Parque de Atraccións. Disfrutamos da Tarántula, da casa do terror «Walking Dead», do Simulador de carreiras de coches, da caída libre,…
Ao chegar ao hotel amañámonos e dirixímonos á rúa do teatro vello Alcalá onde disfrutamos do musical SISTER ACT. Estivo sublime, fantástica a posta en escena, espectaculares as voces….
TERCEIRO DÍA:
Erguémonos cun mal día, polo que logo de almorzar dirixímonos a Astorga onde comemos e puidemos ver a Catredral de Santa María e o Palacio Episcopal.
Estivemos de regreso en Oleiros á medianoite.