AVISO DÍAS NON LECTIVOS

Recordarmos que os vindeiros días 16 e 17 de maio de 2016 , non serán lectivos. O 16 foi o día solicitado  polo Centro no comezo do curso, e autorizado pola Consellería,  tal  como recolle o calendario escolar do curso 2015-16.

Mercadillo Solidario

Dende a comunidade educativa queremos dar as gracias a todas as familias que dun xeito ou outro colaboraron para que un ano máis o mercadillo solidario fose posible. O recadado este ano foi de 900€ que irán destinados ao proxectio AESOMI( ampliación de la residencia para ancianos solos y enfermos  en Micomeseng), que as FIllas da Caridade teñen en Guinea Ecuatorial. Ademais este mercadillo intenta amosarlle aos nosos alumnos a importancia da Solidariedade cos demais e o que con ela se consegue.

20160420_11524820160420_11522620160420_115210

20160420_115206

 

GRAZAS A TODOS POLO VOSO GRAN DE AREA!!!

Cartas a Guinea

Logo da visita de Sor Fernanda García ao noso cole para falarnos do Proxecto AESOMI, os alumnos de 3º e 4º de ESO quixemos achegarnos á realidade dos mozos e mozas guineanos que asisten aos  nosos centros, así como aos maiores da Residencia, para coñecernos mellor e valorar as diferenzas que nos unen.

large

Van as nosas cartas con toda a ilusión do mundo.

O noso agradecemento a Sor Carmen Puga pola súa colaboración.

Campañas solidarias

Moitísimas grazas a todos e todas os que participastes na campaña  en favor do Sáhara e poder facer posible unhas vacacións en paz para os pequenos refuxiados saharauís.

diptico_2

O nosos agradecemento tamén para os que acudistes á chamada de Cáritas coa recollida de roupa para nenos, e por suposto a toda a comunidade educativa e ó noso alumnado por facer posible un ano máis o Mercadillo Solidario.

mercadillo solidario

AGORA TÓCANOS A NÓS

Despois de estudar na clase o tema da empresa e de ter a visita  dunha empresaria moi emprendedora e perseverante, puxémonos man á obra.

Por grupos eliximos  o nome da empresa que queríamos desenvolver e saíron  grandes propostas, que quen sabe se o día de mañá, poderemos facer realidade.

“PYJ” Móbiles que funcionan, a prezos que ilusionan.

IMG_0260“ SWEET HOME”   A  casa do teus soños, fárase realidade.

IMG_0261

“COOL CENTER”  Centro comercial para  xente “ cool “ Anuncio por radio.

IMG_0264“PAPIROVIZ” Zapatillas personalizadas a bo prezo.

IMG_0257“ GATETES E  PERRETES “ Comida biolóxica

IMG_0268

DAIQUIBRA SPORTS “  Calquera deporte ao teu alcance. Mira o seu  vídeo publicitario!

 

 

Campaña Cáritas

Dende o colexio queremos aportar o noso gran de area coas persoas necesitadas que están ao noso redor. Por eso queremos  facernos eco da petición que Cáritas nos fixo para colaborar con eles: precisan roupa e calzado de nenos  de  entre 3- a 12 anos. Dámosvos a grazas de antemán por colaborar e facervos eco de ten urxente necesidade.

A recollida farase o luns  25 e o 26 de abril.

 

Programa «Vacacións en Paz»

O nosos centro colabora na campaña que acaba de presentar SOGAPS (Solidariedade Galega co pobo Saharauí) para facilitar a chegada dos nenos refuxiados no deserto nas vindeiras vacacións de verán a Galicia.

Entregaremos a cada rapaz un sobre con toda a información, que poderán devolver coa aportación que desexen, aos titores, ata o luns 25 de abril.

Coa nosa achega podemos axudar a que os nenos e nenas saharauís, saian durante dous meses das duras condicións de vida no deserto. Tamén podemos informarnos sobre o programa como familias de acollida, dirixíndonos aos teléfonos que aparecen na información ou ao Departamento de Servizos Sociais do concello.

Moitas grazas pola colaboración.

diptico_2

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.