O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira, convida aos nenos e nenas ( 3 a 12 anos ) e familias, á representación da obra infantil de Carlos Casares: «A galiña azul «.
#RosalíaTe
O pasado venres 24 de febreiro, coma cada ano, os alumnos e alumnas de 3º ESO celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía. A lectura dos seus textos amosounos a actualidade nos temas e o profundo sentimento que transmite a súa poesía. Sumamos na campaña #RosalíaTe promovida pola Asociación de escritores en lingua galega cun mannequin challenge dirixido polo Equipo de Dinamización.
Rosalía de Castro no seu aniversario
Os alumnos de sexto recordamos a Rosalía no seu 180 aniversario.
ADMISIÓN 2017-18
Xa se pode consultar a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso 2017-18 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS.
«Cousas» de Castelao
Os rapaces de 3º e 4º de ESO do colexio A Milagrosa asistiron ó espectáculo teatral e literario de Os Quinquilláns e a Editorial Galaxia. Este venres día 17 de febreiro e no Auditorio Municipal de Ribeira desfrutaron da obra ideada a partir do libro «Cousas» de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.
Nesta proposta teatral inténtase ser fiel ao mesmo espírito co que Castelao creou as cousas, eses pequenos relatos que ilustraba cun debuxo. Na esencia da obra está a sociedade galega, o retrato dunha época que está afastada no tempo, pois trasládanos aos anos vinte do século pasado.
A montaxe provoca en moitos momentos o riso, posto que Castelao manexaba coma ninguén a retranca, a comedia, a farsa, pero tamén está moi presente a tristura e a traxedia, sentimentos variados que se desprenden das páxinas da obra e tamén da representación teatral. A través destas breves narracións consegue expresar a realidade esencial do pobo galego.
Fotografías e video cedidas pola Editorial Galaxia.
Animación á lectura en Primaria
Deporte Intercentros
O pasado día 17 de febreiro o noso alumnado tivo unha nova xornada de deporte escolar no polideportivo municipal da Fieiteira, onde disfrutaron de diferentes deportes xuntos cos compañeiros e compañeiras do colexio CEIP O Grupo. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física, a cal rematou cunha gran partida multitudinaria de brilé, que serviu tamén para coñecer a nenos e nenas do colexio de O Grupo, así como promover os valores do deporte como respecto, igualdade e compañeirismo.
Proxecto multicultural: Rusia
Os alumnos de 6º de Infantil, participamos no proxecto multicultural, traballado por todo o alumnado do colexio: Rusia.
A semana pasada puidemos contar coa presenza de Yulia Smirnov, nativa de Rusia e nai dun alumno da clase que nos expuxo unha ponencia con power-point, que resultou moi atractiva e adaptada á idade dos nenos. Así puidemos coñecer un país xigante, cunhas catedrais preciosísimas, as súas xentes , grandes lectores, e moi detallistas… Os nenos amosáronse moi atentos e aprenderon moito deste impresionante país.
Saída a Padrón

Os alumn@s do 3º ciclo de primaria visitan Padrón.

Como complemento á visita do Gaias ( O centenario dun Nobel) e a proximidade do aniversario de Rosalía ( 180 anos o vindeiro 24 de febreiro) acercámonos a Padrón para coñecer máis polo miúdo a vida e obra destes dous persoeiros do mundo da cultura galega con dimensión internacional.
Kahoot en clase!
Dentro de las nuevas herramientas que están sugiendo en educación nos encontramos con la gamificación. Permitir que el juego entre en las aulas.
Y en eso estábamos tan concentrados en clase de natural realizando un Kahoot, un juego tipo Quizz para repasar la lección de los animales.
¡Lo pasamos en grande!






















